Festival de Artistas de Rúa en Redondela

 

Festival Internacional de Artistas de Rúa en Redondela 2013

festival-artistas-de-rua-redondela-2013A Alameda de Redondela acolle os días 2 e 3 de agosto a artistas de diferentes países con espectáculos de teatro e circo pasando pola maxia, as performances ou a mímica, é o XIV Festival Internacional de Artistas de Rúa.

2 de agosto | de 20 a 01.30 horas

Showman Raul Martínez. Cuba

Performance Bioescultura. Colombia e Portugal

Performance Levitación. Ecuador

Circo Los Kikolas. Castela e León

Circo Assircópatas. Galicia

Maxia A Mesa Máxica. Galicia

Mimo showman Manolo Carambolas. Galicia

3 de agosto | de 20 a 01.30 horas

Circo Chimichurri Circo. Arxentina

Ludoteca Casa dos Xogos. Francia

Showman Raul Martínez. Cuba

Performance Bioescultura. Colombia e Portugal

Teatro con Titereficciós. Galicia

Circo Abramcadabra. Galicia

Showman Mariano Cruz. Arxentina

Durante toda a tarde haberá tamén xogos tradicionais coa ludoteca Casa dos xogos e a música da Fanfarria Taquikardia será a encargada de poñer o punto e final ao Festival cun concerto a unha da madrugada.

ALAMEDA DE REDONDELA Como chegar

Escribe un comentario