Festival das Cóxegas 2016

Este mes de novembro volve ao Pazo da Cultura de Pontevedra o Festival das Cóxegas con espectáculos de teatro, títeres, danza e circo pensados para os máis pequenos.

 

 

EL FANTÁSTICO VIAJE DE JONÁS EL ESPERMATOZOIDE de El Espejo Negro

Esta é a historia de Jonás, un diminuto e pequeno espermatozoide que se negaba a concursar na gran carreira da fecundación. Prefería durmir e lacazanear pracidamente no interior do testículo onde vivía. Pero o tempo acababa, e o noso lacazán e dormilón espermatozoide tiña que emprender a viaxe máis fantástica e alucinante de toda a súa vida… Unha viaxe sen volta, chea de perigos e aventuras, na busca do óvulo perdido…

  • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
  • 6 de noviembre | 18.30 horas

 

DES HÁBITAT de Vaivén Circo

Todo comeza un día no que a casualidade fai que catro personaxes nómadas deciden que xa é momento de ubicarse, de asentarse nun lugar que sintan que é seu, un espazo que os convirta en habitantes e no que poida que sexan felices. Curiosamente todos escollen o mesmo espazo, un lugar onde nunca pasa nada… Os catro chegan ao mesmo tempo, non se coñecen, pero sinten que é o lugar de todos. Teñen que decidir de que maneira van establecerse e cal é o espazo máis axeitado para cada un deles…

  • Dirixido a: nenos a partir de 4 anos
  • 13 de noviembre | 18.30 horas

 

¿CUÁL ES MI NOMBRE? de DATDanza

Un sofá que é un tren, unha alfombra convertida en espello, unha montaña de céspede que se move, lámpadas de amapoula ¡e ti mais eu! Si, ti ¿como te chamas? A identidade fortalécese cos anos pero a túa esencia está en ti desde que naces, amas, ris e choras… A través do movemento entraremos nun mundo que espertará a imaxinación de nenos e adultos. As palabras serán o fío conductor desta historia que se conta a través da danza.

  • Dirixido a: nenos partir de 2 anos
  • 20 de noviembre | 18.30 horas

 

AMOUR de MARIE DE JONGH-TARTEAN TEATRO E TEATRO ARRIAGA

O amor sempre nos dá unha oportunidade. Uns nenos xogan no país onde todo comeza. Teiman en descubrir o mundo transformando o seu universo. Imitan aos maiores, con ousadía e desenfado. Atrévense a amar sen saber cal é o seu verdadeiro significado. No dubidan en enemistarse antes, mesmo, de atopar a palabra odio nos seus petos. Saben de olores, pel, aloumiños, abandono, refuxio, desexo. Non saben do tempo.

Amour é un espectáculo teatral que nos fai reflexionar sobre a delgada liña que existe entre a desafección e o amor incondicional. Un canto ao encontro entre diferentes, unha chamada a liberarnos dos prexuízos.

  • Dirixido a: nenos partir de 7 anos
  • 27 de noviembre | 18.30 horas

 

 


ENTRADAS: 6€ en Ataquilla.com e de no esgotarse, dúas horas antes do espectáculo na billeteira do Pazo da Cultura.

Pazo da Cultura de Pontevedra Como chegar 

Escribe un comentario