Festival Canto Conto en Mos

Volve a Mos unha segunda edición do Festival Canto Conto este domingo 18 de xuño coincidindo coas Festas da Rosa do concello pontevedrés. Desde as 12 horas e ata as 20 horas poderedes gozar en familia deste festival musical.

Mamá Cabra, BrincaVai, María Fumaça e Uxía Lambona e a banda Molona serán as bandas que soarán o domingo en Mos e o festival rematará cunha Festa da Espuma.

Durante a xornada haberá obradoiros de arxila, de pelotas de arroz e de imáns; xogos xigantes, xogos populares e zona de pintura e ademais poderes disfrutar da exposición dos traballos da pintora Marta Cabaleiro. Este é o programa de concertos:

  • 12 horas | Mamá Cabra
  • 13.30 horas | BrincaVai
  • 16.45 horas | María Fumaça
  • 19 horas | Uxía Lambona e a banda Molona
  • 18 de xuño | de 12 a 20 horas
  • Exteriores do Pazo de Mos
  • Entrada gratuita

Escribe un comentario