Festas da Peregrina en Pontevedra 2013

 

Festas da Peregrina en Pontevedra 2013

peregrina2013En Pontevedra celebran do 10 ao 18 de agosto as Festas da Peregrina cun amplo programa de actividades e concertos. Recollemos aquí unicamente o teatro e os espectáculos dirixidos aos máis pequenos da casa. As festas comezan o día 10 de agosto ás 12 horas coa lectura do pregón.

12 de agosto

19.30 horas | Barafunda Animación coa obra Preséntame un pallaso | Praza do Teucro

Os nenos e nenas pequenos poden ter medo á figura do pallaso, por iso Lolo irá caracterizándose de clown diante deles pouco a pouco dun xeito didáctico e moi divertido con elementos que sacará da súa maleta: perrucas, traxe, zapatos, maquillaxe, nariz…

13 de agosto

21 horas | Festival Infantil Brincabolechas | Praza de España

A popular familia presentará o seu novo show ante todos os nenos e nenas que se acheguen a compartir con eles un rato de diversión.

14 de agosto

19.30 horas | Espectáculo de maxia Abraiante con Pedro Volta | Praza do Teucro

15 de agosto

17.30 horas | Xogos e tradicións populares | Avenida de Santa María

19.30 horas | Teatro Infantil con Ghazafelhos e a obra Contos para escagarriñarse | Praza do Teucro

Representarán tres historias de terror, misterio e loucura coas que os nosos pais, nais , avós, avoas, etc.. nos torturaron docemente durante a nosa infancia.

16 de agosto

19.30 horas | Teatro infantil con Barafunda Animación e a obra Xan das Ondas | Praza do Teucro

Xan é un rapaz ó que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas.

17 de agosto

19.30 horas | Magín Blanco e A nena e o grilo nun barquiño | Praza do Teucro

Con esta nova obra de teatro infantil Magín Blanco, xunto coa nena e o grilo, convídanos a vivir unha historia de aventuras coa que as dúas personaxes irán descubrindo o mundo e os seus segredos, e tamén o seu propio mundo interior.

18 de agosto

19.30 horas | Teatro infantil con Quinteto Pentafonía + Seis Dedos e a obra Hansel e Gretel | Praza do Teucro

Recreación do conto “Hansel e Gretel” nun concerto con certo aire didáctico, a cargo do quinteto de vento Pentafonía e a compañía de títeres Seis Dedos.

Podedes consultar o programa completo na web do Concello de Pontevedra.

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorPesdelán en Ribadeo
Artículo siguienteLooks de verano

Escribe un comentario