Festa dos Maios en Vigo

Festa dos Maios en Vigo 2013

festa dos maios 2013En Vigo reciben este domingo día 12 de maio a primavera cunha nova edición da Festa dos Maios no Casco Vello. Coincidindo coa festa a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello fai un recoñecemento a persoas ou colectivos que se teñan destinguido pola súa contribución na mellora da calidade de vida, coñecemento e defensa do barrio histórico e da súa cultura. Este ano será a Fundación Penzol quen reciba a escultura Maio de Cor, no mesmo ano en que se cumpre o cincuentenario da súa fundación e o centenario do nacemento do que fora o seu fundador e primeiro director don Francisco Fernández del Riego.

8 horas | Confección do Maio

10 horas | Apertura do mercado con postos de artesanía

11 horas | Taller de debuxo

12 horas | Contacontos Codia e Miolo

13 e 17 horas | Música

18 horas | Representación da Festa Dramatizada dos Maios  e a presentación do traballo discográfico de Os Carunchos

 

Podedes consultar más información na web da Asociación do Casco Vello.

Casco Vello de Vigo Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.