Festa dos Libros en Pontevedra

Os libros serán os protagonistas esta fin de semana na praza da Ferraría en Pontevedra. Do 23 ao 25 de xuño instalaranse alí as librarías Aviones de Papel, Cao, Clip, Cronopios, D-Lectum, El Pueblo, Escolma, La Nube de Papel, Metáfora, Nobel, Patakafrita, Paz e Seijas para celebrar a Festa dos Libros.

Presentacións, mesas redondas, recitais de poesía, contacontos, obradoiros e música para gozar en familia dos libros e da lectura. Aquí cóntovos unicamente as actividades pensadas para nenos, nenas e familias, pero podedes consultar o programa completo aquí.

23 de xuño
  • 18.30h | Obradoiro infantil Marcapáxinas: deseños diferentes e divertidos para marcar onde deixamos a nosa lectura con Risotadas | Zona infantil
  • 20.30h | Música: Migallas e Canta connosco! | Espazo do Lector Nobel
  • 21h | Sinatura de libros e concerto de Furious Monkey House | Sinatura na Zona infantil e concerto no Auditorio
24 de xuño
  • 11.30h | Contacontos. Polo Correo do Vento con Tania Solla: Periplo Atlántico. Polo Correo do Vento contará e debuxará unha historia dun pingüín galego, chea de viaxes, perigos, amor e aventuras…
  • 12.30h | Obradoiro infantil Ex Libris: selos tallados con goma de borrar ou pataca para personalizar os nosos tesouros literarios con Risotadas | Zona Infantil
25 de xuño
  • 12h | Espectáculo infantil As Maimiñas: Volta, revolta e reviravolta | Auditorio
  • 12.30h | Obradoiro infantil de caracterización de personaxes de contos e historias. Sesión de maquillaxe con Risotadas | Zona infantil
  • 13 horas | Espectáculo infantil As Maimiñas: Volta, revolta e reviravolta
  • 18 horas | Actividade familiar: Emprazadas con Cristina Corral, Aurora Cascudo e Miguel Noval. De paseo con Elena. Roteiro familiar polas rúas de Pontevedra
  • 18 horas | Espectáculo musical: Susa Herrera e As Comadres. Cantos Animais
  • 19 horas | Susa Herrera e As Comadres: En Cabárceno se sigue cantando
  • 19 horas |  Cristina Corral e Aurora Cascudo: De paseo con Elena
  • 23 e 24 de xuño de 11 a 14.30h e de 18 a 23.30h
  • 25 de xuño de 11 a 14.30h e de 18 a 22h
  • Praza da Ferraría en Pontevedra Como chegar
  • Desconto do 10% en todas as compras

 

Escribe un comentario