Festa da Arribada en Baiona 2013

Festa da Arribada en Baiona 2013

Cartel-Arribada-Baiona-2013Baiona volve esta fin de semana a vivir a chegada da Carabela Pinta da súa viaxe polas Américas. O 2 e 3 de marzo celébrase unha nova edición da Festa da Arribada da Carabela Pinta. O Real Mercado instalaráse nas principais rúas e prazas do casco vello de Baiona. Ademais do mercado (aberto de 10 a 23 horas) a fin de semana haberá concertos, espectáculos, talleres de cetrería e teatro para pequenos e maiores. Unha festa que escenifica e reconstrúe o relato que Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes fixeron da súa xesta ao descubrir o novo continente ao correxedor de Baiona o 1 de marzo de 1493.

2 de marzo

12 horas | Homenaxe a Martín Alonso Pinzón e contenda de esgrima e combates históricos. Tiro con arco e exemplos de máquinas de asedio. Volverá a repetirse ás 16.30 horas

12.30, 13.20 e 16.50 horas | Teatro de sombras: A derradeira aventura de Pinzón

13 horas | Espectáculo de cetrería na praia de Ribeira

13.30 horas | Representación de Moucha e Meiga na praza do concello

16.45 horas |  O Carro dos Matasanos na praza de Santa Liberata

20 horas | Representación teatral Arribada do Descubrimento

3 de marzo

11.30 horas | Apertura da granxa o palomar medieval

12 horas | Desfile medieval na entrada do parador de Baiona

12.05 horas | Demostración de tiro con arco na praia de Ribeira

12.15 horas | Contenda de esgrima e combates históricos. Tiro con arco e exemplos de máquinas de asedio. Volverá a repetirse ás 16.40 horas

12.20, 13.20, 16.45 e 18.30 horas | Teatro de sombras: A derradeira aventura de Pinzón

13.15 horas | Espectáculo de cetrería na praia de Ribeira

17.10 horas | O Mago Migueliño

17 e 19 horas | Concerto Do Divino e do Mundano polo grupo de música antigua 1500 na capela do Convento

18 horas | Representación teatral Arribada do Descubrimento

Podedes consultar o programa completo na web do Concello de Baiona.

BAIONA Como chegar

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorSorteo entradas Contos no Ar
Artículo siguienteSorteo Nanos

Escribe un comentario