Festa Apego en Pontevedra

Música, obradoiros, contos, xogos, rutas… Unha xornada nun entorno único para celebrar a Festa do Apego en Pontevedra. Á beira do río Lérez, na Illa do Covo, poderedes gozar en familia o sábado 27 de maio dende as 12 e ata as 19 horas.

Magín Blanco, Marcelo Dobode e Bea Martínez, Golfiños, Raquel Queizás, Fedellas, Fátima Villamel, Babaluva, Inacio Vilariño, Xandobela… Un día para gozar con actividades e espazos para descansar, xogar, aleitar, xantar, merendar… Este é o programa:

  • 12 horas
    • Percubebés con Marcelo Dobode e Bea Martínez
    • Tirando do fío con Fátima Villamel
    • Roteiro guiado con Inacio Vilariño

 

  • 12.45 horas
    • Alfombra máxica con Babaluva
    • Roteiro guiado con Inacio Vilariño

 

  • 13.15 horas
    • Gatuxo con Magín Blanco

 

  • 16 horas
    • Percubebés con Marcelo Dobode e Bea Martínez
    • Nanocontos con Raquel Queizás
  • 16.30 horas
    • Roteiro guiado con Inacio Vilariño
    • Alfombra máxica con Babaluva
  • 17 horas
    • Tirando do fío con Fátima Villamel
    • Percubebés con Marcelo Dobode e Bea Martínez
  • 18 horas
    • Alfombra máxica con Babaluva
    • A bolboreta Rosetta con Fedellas
    • Roteiro guiado con Inacio Vilariño
  • 19 horas | Té, chocolate, café con Golfiños

 

  • ESPAZO DE XOGO LIBRE. Xogos de construción para todas as idades, xogos tradicionais, materiais ecolóxicos, Casa dos Contos
  • XANDOBELA. Máis de vinte xogos artesanais de precisión, lanzamento, habilidade, enxeño, cooperación…

**Percubebés e Alfombra máxica teñen prazas limitadas e a entrada é por orde de chegada. *En caso de chuvia as actividades trasladaránse ao Pazo da Cultura de Pontevedra

 

Escribe un comentario