Feira Franca de Pontevedra 2015

Volve ás rúas e prazas de Pontevedra a Feira Franca. Unha volta ao pasado na que a cidade se enche de artesáns, canteiros, ferreiros, palilleiras, cesteiros, oleiros, redeiras, carpinteiros, músicos, xograres, campesiños, toneleiros, artistas, comerciantes, damas e cabaleiros que nos achegan o tempo do privilexio concedido a Pontevedra polo rei Henrique IV, no ano 1467, para a celebración dun mercado libre de impostos dun mes de duración.

 

4 de setembro

  • 19 horas | Pregoeiros a cabalo anuncian polo centro histórico o comezo da XVI edición da Feira Franca
  • 20.30 horas | Concerto música medieval: Antiqua e Ultreia | Igrexa Conventual de San Francisco
  • 22.30 horas | Alquimia a cargo de Kull d’Sak, Troula, Roxie Produções e Pablo Méndez performances | Ferraría
  • 23.15 horas | Música e bailes medievais, Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes | Praza do Teucro

5 de setembro

  • 11.30 horas | Apertura do mercado medieval (Avda. de Santa María) e da mostra de oficios (Ferraría)
  • 11.30 horas | Cantigas de Afonso X e música medieval coa Asociación Cultural Pola Vila | Rúas do centro histórico
  • 12 horas | Recreación do transporte do viño pola Asoc. Recriativa de Xeve – ArtMonium: animación, música, representacións… | Percorrido: rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría e remate na praza da Peregrina
  • 12.30 horas | Demostración e obradoiros de esgrima, Escola Hungaresa | Gran Vía de Montero Ríos
  • 12.30 horas | Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, Mercenarios do Norte | Verdura
  • 13 horas | Tiro con arco. Boa Vila | Montero Ríos
  • 13.30 horas | Cetraría. Falcóns Galicia | Montero Ríos
  • 17 horas | Demostración e obradoiros de esgrima, Escola Hungaresa | Gran Vía de Montero Ríos
  • 17 horas | Cetraría. Falcóns Galicia | Montero Ríos
  • 17.30 horas | Exhibición de danza, Club Treboada | Gran Vía de Montero Ríos
  • 17.30 horas | Animación medieval polo centro histórico a cargo de Olodum do Coio
  • 17.30 horas | Gran torneo medieval do grupo de especialistas Hípica Celta | Praza de touros *Entrada de balde ata completar capacidade
  • 17.30 horas | Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, Mercenarios do Norte | Ferraría
  • 18 horas | Cantigas de Afonso X e música medieval | Asociación Cultural Pola Vila | Centro histórico
  • 18.30 horas | Competición-exhibición de tiro con arco, Club Boa Vila | Gran Vía de Montero Ríos
  • 19 horas | Pasarrúas de bufóns e trobadores polas rúas do centro histórico
  • 19.30 horas | Exhibición de danza a cargo do Club Treboada | Gran Vía de Montero Ríos
  • 19.30 horas | Pasarrúas. Art Monium | Centro histórico
  • 20 horas | Gran torneo medieval do grupo de especialistas Hípica Celta | Praza de touros *Entrada de balde ata completar capacidade
  • 21 horas | Pasarrúas. Art Monium | Centro histórico
  • 21 horas | Cantar de cego e música medieval a cargo de Foula | Rúas do centro histórico
  • 21.45 horas | Pasarrúas dos Errantes | Centro histórico
  • 23 horas | Pasarrúas e fin de festa a cargo de Art Monium | Rúas do centro histórico

Escribe un comentario