Feira Franca de Pontevedra 2013

XIV Feira Franca de Pontevedra

feira-franca-pontevedra-2013A Feira Franca de Pontevedra recrea a súa historia medieval os días 6 e 7 de setembro cun amplo programa de música, teatro, demostracións de oficios tradicionais, exhibicións de cetraría, obradoiros, xogos tradicionais… A temática está centrada nos inventos xa que na época medieval creáronse moitos dos inventos útiles relacionados cos sistemas de navegación. Esta Feira Franca recorda o privilexio concedido á cidade polo Rei Henrique IV no ano 1467, polo que se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos, quince días antes y quince despois do 24 de agosto.

6 de setembro

18.30 horas | Pregoeiros a cabalo anunciarán a feira nas prazas do centro histórico

19.30 horas | Pasarrúas de grupos de música, teatro, malabares

19.30 horas | Obradoiro de bailes medievais | Praza do Teucro

21 horas | Concerto de música medieval con Antiqua e Ultreia | Basílica de Santa María a Maior

22.30 horas | Espectáculo a Luz dos enxeños coas compañías Kull d´Sak e Troula

23.15 horas | Música e bailes medievais | Praza do Teucro

7 de setembro

11.30 horas | Apertura do mercado medieval 

11.30 e 18 horas | Cantigas de Afonso X e música medieval polas rúas do Centro Histórico

12 horas | Desfile do transporte do viño coa Asociación Recreativa de Xeve. Saída dos arredores do convento de Santa Clara ata a Praza da Peregrina

12.30 horas | Demostración e obradoiros de esgrima | Avenida Montero Ríos

12.30 e 17 horas | Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga | Praza da Verdura

13 horas | Tiro con arco | Avenida Montero Ríos

13.30 e 17 horas | Cetraría | Avenida Montero Ríos

17 e 19 horas | Exhibición de danza | Avenida Montero Ríos

17.30 e 20 horas | Torneo medieval | Praza de Touros

18.30 horas | Competición-exhibición de tiro con arco | Avenida Montero Ríos

19 horas | Pasarrúas de bufóns e trovadores | Centro Histórico

19.30 e 21 horas | Pasarrúas con Art Monium |  Centro Histórico

21 horas | Cantar de cego e música medieval con Foula | Rúas do Centro Histórico

21.45 horas | Pasarrúas dos Errantes | Centro Histórico

23 horas | Pasarrúas e fin de festa con Art Monium | Centro histórico

 Praza do Teucro en Pontevedra Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.