Feira do Libro en Vigo

Feira do Libro en Vigo

feiras do libro de galiciaDo 29 ao 7 de xullo tedes unha cita cos libros e a lectura en Vigo. Unha semana de contos e actividades para que tanto pequenos como maiores disfrutemos dos libros e descubramos a súa maxia.

29 de xuño

12.30 horas | Contacontos Cando naza Malik, baseado nun relato do libro sobre enfermidades raras Qué me pasa Ntumba e realizado por voluntarias da ONG Médicos Sen Fronteiras, coa técnica do kamishibai.

18 horas | Contacontos O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz

30 de xuño

12 horas | Actividade infantil. Hai unha morea de razóns polas que paga a pena ler. Descúbreas na compaña dos nosos protagonistas os monstros Oto e Oli e a súa autora, Asunción Carracedo

18.30 horas | Títeres Babaluva presenta o seu espectáculo Lume, inspirado nun texto de Alberto Varela Ferreiro.

1 de xullo

12.30 horas | Contacontos para nenos de 0 a 3 anos. Canta conto, conto canta interpretado por Avoa Youja

18.15 horas | Presentación do libro infantil O carballo, de Carlos Silvar. O autor explicará como debuxar unha árbore

2 de xullo

12.30 horas | Obradoiro de reciclaxe O baúl animado realizado por Cucarandainas

3 de xullo

12.30 horas |  Os contos da fraga. Relatos arredor do noso medio ambiente a cargo do narrador e músico Servando Barreiro

4 de xullo

12.30 horas | A Compañía de Teatro O Titiribaile presenta o seu espectacular contacontos La fábrica de cuentos

5 de xullo

12.30 horas | A Xanela do Maxín presenta o seu espectáculo para nenos Os libros do titiriteiro

6 de xullo

12.30 horas | As dúbidas dos animais: divertido contacontos a cargo de Fátima Fernández

7 de xullo

12.30 horas | Sorprendente actuación do Mago Toño co seu espectáculo Gravidade cero

 

Praza de Compostela en Vigo Como chegar

Podedes consultar AQUÍ o programa completo da Feira do Libro de Vigo.

 

 

Escribe un comentario