Faiponting en Pontevedra

Illa das Esculturas en Pontevedra encherase este domingo de obradoiros e teatro para os máis pequenos. É Faiponting, un programa que anima a cruzar o río Lérez nunha xornada para disfrutar en familia desta illa fluvial convertida nun museo ao aire libre.

11 e 17 horas | Visita guiada ao Pazo da Cultura de Pontevedra e á Illa do Covo pola artista Itziar Ezquieta e o arquitecto Santiago Ezquieta | Pazo da Cultura

De 11.30  a 12.15 horas | Obradoiros infantís con Cé Pantasma e construción de xoguetes sonoros e Marcelo do Bode e Reciclarte, música con obxectos de reciclaxe | Escultura Ceo Acurtado

11.30 e 17.30 horas | Visita guiada á exposición Nova York, Milán, Viena, Pontevedra co artista Antón Sobral | Pazo da Cultura

12 e 18 horas | Roteiro á Illa do Covo guiado por Paula Quintas | Pazo da Cultura

12.15 horas | Danza con Marta Alonso | Escultura Ceo Acurtado

12.30 horas | Teatro: Trogloditas con Tanxarina Títeres | Escultura Os 36 xustos

17.30 e 18.30 horas | Danza: Cristina Balboa | Pasarela Peonil

17.30 e 18.30 horas | Danza: Begoña Cuquejo | Escultura unha Folie

17.30 e 19.30 horas | Cantos: Triolio Regueifeiros | Entrada Illa

17.30 a 19.30 horas | Animación Infantil no Parque Infantil

17.30 horas | Música: Trío Cordas | Escultura Labirinto

17.45 e 18.45 horas | Danza: Paulina Funes & Mimadriña | Escultura Saavedra

18 e 19 horas | Danza: Doutras (Iago Bernárdes e Anxe Picón) | Escultura S/T

18.30 e 19.30 horas | Danza: David Loira | Escultura Piramid

18.30 a 20 horas | Paseo sonoro: Illa do Covo dende a pasarela peonil

20 horas | Música: Primordiais | Escultura Os 36 xustos

Illa das Esculturas (Illa do Covo) en Pontevedra Como chegar

Pazo da Cultura en Pontevedra Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.