Fai un títere con Tanxarina

Fai un títere con Tanxarina en Vigo

fai un titere tanxarinaFai un títere é un obradoiro para participar en familia e achegarse ao mundo dos títeres. Os nen@s poderán aprender a elaborar os seus propios xoguetes e desenvolver a súa capacidade creativa. Unha actividade lúdica que se desenvolverá no Verbum o domingo 25 de novembro. A companía Tanxarina Títeres será a encargada de amosar aos participantes a maxia dos títeres. Con materiais e elementos sinxelos coma bolas de corcho, botón, anacos de tela… os máis pequen@s construirán un títere de variñas.

Dirixido a: Nen@s maiores de 6 anos acompañados por un adulto

25 de novembro | de 12.30 a 13.30 horas

Inscrición: Para participar é preciso facer unha inscrición previa a partir das 9:30 horas do 21 de novembro. Deberedes cubrir o formulario e envialo ao correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org, por fax ao número 986 22 06 78 ou entregalo no Servizo de Normalización Lingüística (Praza do Rei, 1 -1ª Planta).

VERBUM en Vigo Como chegar

¡Compártelo!
Artículo anteriorManikids Jazz en Vigo
Artículo siguienteTeatro en Ourense III

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.