Entroido en Pontevedra 2017

En Pontevedra esta fin de semana comeza o Entroido con música, desfile, festas infantís… e o Loro Ravachol! Este é o programa de actividades para a vindeira semana:

24 de febreiro

  • 20 horas | Praza da Ferraría | Degustación de filloas de Entroido
  • 21 horas | Praza da Ferraría | Recepción do alcalde a Urco, rei do Entroido, quen chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoriños de Bora, Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas e Os Paparrulos. Lectura do pregón

25 de febreiro

  • 11 horas | Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos
  • 16 horas | Rúa José Malvar | Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación
  • 17 horas | Desfile do Entroido. Saída dende a Rúa José Malvar para percorrer as rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda
  • 20 horas | Praza da Ferraría | Festa do Entroido

27 de febreiro

  • De 10 a 20 horas | III Campamento Urbano Entroido Pirata. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. *Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (teléfono: 986 851 670)
  • 17 horas | Praza da Verdura | Obradoiros de xogos e disfraces
  • 19.30 horas | Praza da Peregrina | Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
  • 21 horas | Pazo da Cultura | Primeira eliminatoria do XXVI Concurso de Murgas

28 de febreiro

  • De 10 a 20 horas | III Campamento Urbano Entroido Pirata. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. *Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (teléfono: 986 851 670)
  • 16.30 horas | Casa da Luz | XXII Festa da Filloa. Concurso de Filloas. Actuación do mago Norberto
  • 17 horas | Praza da Ferraría |  Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, e varios DJ
  • 22 horas | Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira! Asociación Combrus e Troula.  Animación de rúa coas comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os 100 Tolos, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Vamos a Todo, Equipo Ja

1 de marzo

  • 17 horas | Praza da Peregrina | Obradoiro: As Máscaras de Ravachol
  • 17 horas | Campo da festa de Cabaleiro | Recuperación do Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca
  • 18 horas | Centro Cultural de Campañó | Festival Infantil do Entroido
  • 19 horas |  Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación do Coro Seitura, recreación do Coro Aires da Terra
  • 21.00 horas. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXVI Concurso de Murgas

2 de marzo

  • 21 horas | Pazo da Cultura | Final do XXVI Concurso de Murgas

3 de marzo

  • 20 horas | Teatro Principal | Forovoz Pontevedra. Entroido, Filloas e Fogóns
  • 23 horas | Prazas e rúas da cidade | XXII Mostra da Parodia do Entroido
  • 02.00 horas | Praza da Ferraría | Entrega de premios da XXII Mostra da Parodia do Entroido

4 de marzo

  • 12 horas | Praza da Peregrina | Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación de Foula e Os Alegres
  • 18 horas | Praza da Verdura | Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso
  • 21 horas | Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas: Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval e Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría
  • VELADA INFAUSTA. Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría
  • V XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA. Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) | de 18.30 a 21h do luns 6 ao sábado 11 de marzo. Exposición fotográfica sobre o Entroido de Galiza

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.