El Salón del Libro Infantil este finde

El Salón del Libro Infantil y Juvenil de Pontevedra continúa este fin de semana con un montón de actividades. Teatro, cuentacuentos, talleres familiares, música… Aquí os cuento las actividades para los dos últimos días, el 22 y 23 de abril!!

VIERNES 22 DE ABRIL

  • 17.30 horas | OBRADOIROAnimais monstruosos

Taller abierto. Crearemos os animais máis tolos e monstruosamente divertidos. A partir de 4 anos.

  •  18 horas | CHARLA: Cando os animais falan

Sesión dinamizada por unha veterinaria onde se aprenderá a coñecer o que sinten os animais sen necesidade de palabras e como aplicar uns primeiros auxilios no caso de que precisen axuda. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

  • 21 horas | TEATRO:  Raclette con Ibuprofeno Teatro

Baseado no libro do mesmo título escrito por Santiago Cortegoso, Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia | Auditorio do Pazo da Cultura. Prezo: 5€

SÁBADO 23 DE ABRIL

  • 11, 12.30 e 17.30 horas |  TEATRO para bebés: 4 Tempos con Teatro do Miolo

Un espectáculo musical e máxico, onde multitude de personaxes acompañan a nosa protagonista nunha viaxe polas catro estacións, a neve, as frores, as follas, o sol, a choiva, ou o mundo submarino. Empregaremos música, monicreques manuais, robotizados e xogos de luces co obxectivo de estimular os sentidos dos máis pequenos. Sala de Obradoiros. Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado (40 bebés + 1 acompañante). Prezo: 3€. ENTRADAS: no vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función

  • 11.30 e 17.30 horas | OBRADOIRO: Contacontos debuxado

Con Yupiyeyo (María Álvarez). Partindo dunha historia dividida en cinco escenarios e coa axuda dos/as nenos/as, debuxaremos os animais que protagonizan o conto. A partir de 4 anos.

  • 11.30 e 17.30 horas | OBRADOIRO: A cociña de Escarlatina

Con Begoña Costas e Cristina Salgado. Taller infantil de decoración de galletas con fondant. A partir de 5 anos. Prazas limitadas (25). Inscrición previa.

  • 12 horas | CONTACONTOSBechiños e contiños

Con Andrea Bayer. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida

  • 18 horas | CONTACONTOS: O coelliño branco
 Con Trinke Trinke. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
  • 18.30 horas | MÚSICA: O esquío rampante

Tres xeitos de celebrar o día mundial do Libro: narrando, musicando e ilustrando. Estrea da actividade na que o colectivo Polo Correo do Vento, acompañado por un quinteto de corda, realizará unha longa travesía por medio da voz, a música e a pintura, baseándose no libro O esquío rampante de Enrique Mauricio e Carlos Taboada | Auditorio Pazo da Cultura. Público familiar. Prezo: 3€. ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes da función

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.