Domingos do Principal en Pontevedra

Volven ao Teatro Principal de Pontevedra os espectáculos familiares e infantiles dentro do ciclo Domingos do Principal. Sete compañías con sete espectáculos marabillosos para gozar en familia! Títeres, teatro, danza… para achegar as artes escénicas aos máis pequenos, dende o 15 de xaneiro ata o 5 de marzo.

oloboealuaO LOBO E A LÚA DE BAOBAB TEATRO

Había unha vez un pequeno lobo que vivía no prado azul. El precisaba falar coa lúa, como a lúa estaba lonxe non ouvía, e o lobo berraba e berraba e non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado. Pero un día coñece a Mariano, un ratiño que lle axudará, ou quizais non…

  • Dirixido a: nenos a partir de 2 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 15 de xaneiro | 12 e 18.30 horas

retahilandoRETAHILANDO DE EUGENIA MANZANERA

A tecedeira que tece o mundo chámase Sis Sas e é moi moi vella. Ela tece e tece, todo o tempo tece o tempo. Nacen as persoas, tecidos de historias. Unha vida… un tecer o tempo. Tempo para fiar, enfiar, coser e cantar. Historias dun tempo pasado, obxectos que son contos, cancións con aromas de países mediterráneos. En Retahilando todo recorda, pero nada é exactamente como un soño.

  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
  • Duración: 55 minutos
  • 22 de xaneiro | 12 e 18.30 horas

bhravaBHRAVA! DE CIA L´ANIMÉ

Bhrava! É o soño dunha rapaza que camiña polas rúas onde as cousas non son o que parecen. A nosa protagonista camiñará por paisaxes visuais fantásticos, creados por uns personaxes  que lle farán vivir un mar de aventuras. Conta con unidade didáctica que será facilitada aos centros unha vez confirmada a súa asistencia.

  • Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 29 de xaneiro | 12 e 18.30 horas

lacojadanzaAMAGATALL DE LA COJA DANSA

Amagatall narra a aventura duns pais que van na procura de Claudia, a filla, que sae voando agarrada a un globo. Percorren todos os lugares aos que Claudia foxe coa imaxinación cando non entende o mundo dos adultos. Lagos encantados, países de brinquedos, bosques tenebrosos ou a impactante pradeira de globos son algúns dos lugares que ela inventa.

  • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 5 de febreiro | 12 e 18.30 horas

xurdefet_berrobambanXURDEFET (JOUR DE FÊTE) DE BERROBAMBÁM

Calquera día é bo para unha festa, aínda que túa nai non queira que saias da casa, por se te mollas, por se te lixas, por se alguén te leva, por se non atopas o camiño de volta… Unha muller, volve ao patio da súa casa e lembra un día de festa, que sendo nena descubriu que os animais tiñan preocupacións semellantes ás súas: non querían medrar nunha gaiola, nin que os insultasen, nin aburrirse, nin xogar sos…

  • Dirixido a: nenos a partir de 6 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 12 de febreiro | 12 e 18.30 horas

superheroe_elperroazulSUPERHEROE DE EL PERRO AZUL

Todos temos poderes ocultos. Todos gardamos algún enigma. Todos levamos dentro un superheroe. Un electricista transformado no malvado, un rapaz nun superheroe, a loita por defender a luz do planeta. Todo é acción nesta historia inspirada no mundo da banda deseñada.

  • Dirixido a: nenos a partir de 8 anos
  • Duración: 55 minutos
  • 19 de febreiro | 12 e 18.30 horas

mobydick_gorakadaMOBY DICK DE TEATRO GORAKADA

Ismael embarca no barco baleeiro Pequod dirixido polo capitán Akab. Na súa viaxe fai amigos, goza do mar, aprende a distinguir tipos de baleas… pero a obsesión de vinganza do capitán con Moby Dick a balea branca, levará o barco e a tripulación á desgraza.

  • Dirixido a: nenos a partir de 6 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 5 de marzo | 12 e 18.30 horas

 

ENTRADAS
  • Prezo: 4€/sesión
  • Venda anticipada de Ataquilla.com  e 2 horas  antes de cada función na billeteira do Principal, en caso de non esgotarse
  • Abono: 21€
    • De mañá: acceso ao pase matinal das 12h nas 7 funcións do Teatro Principal
    • De tarde: acceso ao pase matinal das 18.30h nas 7 funcións do Teatro Principal

 

Escribe un comentario