Día dos Museos no Museo do Mar

Día dos Museos no Museo do Mar

Museo do Mar de Galicia en Vigo celebra o Día dos Museos con actividades para que pequenos e maiores podades pasar un día diferente mergullándovos nas profundidades do mar.

museo do mar alimentacion peixes

Alimentación dos peixes no acuario

Poderedes ver como un dos acuaristas se mergulla para dar de comer aos habitantes do acuario, actividade que irá acompañada por unha breve explicación onde se falará sobre como é a súa alimentación, como é traballo diario dun acuarista e todos os coidados que un acuario destas características require, algo que contará directamente un dos nosos especialistas do acuario, que compartirá as súas experiencias e resolverá as dúbidas que se formulen.

Dirixido a: todos os públicos. Os menores sempre acompañados dunha persoa adulta

18 de maio | de 10.30 a 11.30 horas

Museo do Mar de Galicia en Vigo Como chegar

Contacontos

Marcus e o misterio do mar salgado permitirá aos nenos ir de aventura con Marcus, un comerciante romano que vai navegar moi lonxe por un mar de auga doce …si de auga doce…onde vai vivir unha gran aventura. Este contacontos, aproveitando a importancia do sal no contexto mariñeiro, vainos servir para introducirnos no misterioso mundo deste condimento: cantos tipos hai?, poden ser de cores?, para que sirve?, todas saben igual? Marcus, Xulio e Diana axudaránnos a descubrilo.

Dirixido a: nenos de entre 3 e 7 anos, sempre acompañados dun adulto

18 de maio | de 12.30 a 13.15 horas

Museo do Mar de Galicia en Vigo Como chegar

A conquista do mundo submarino

Nesta actividade os nenos poderán coñecer de preto os segredos e descubrimentos da historia da conquista dun vello sono humano: ser coma os peixes e poder desvelar os misterios dos fondos mariños…..e volver a superficie para contalo, claro. Descubrirán experimentalmente cales son os perigos de mergullarse, cales son as técnicas e tecnoloxías máis antigas para explorar o mundo baixo as olas, que cousas estrañas pasan ao respirar determinados gases comprimidos a grandes profundidades… e visitarán o acuario para comprobar que foi o que nos permitiu aprender da vida mariña o feito de mergullarnos.

Dirixido a: nenos maiores de 7 anos, sempre acompañados dun adulto

18 de maio | de 17 a 18.30 horas

Museo do Mar de Galicia en Vigo Como chegar

Os sabores de Roma

Centro Arqueolóxico do Areal Salinae propónnos unha pequena viaxe no tempo perseguindo os segredos dos sabores dos alimentos, sólidos e líquidos, da época romana. Viaxaremos polas súas costumes á hora de transportar alimentos, de conservalos, de cociñalos e de consumilos e disfrutaremos experimentalmente dalgúns sabores propios desta cultura.

Dirixido a: nenos maiores de 7 anos, sempre acompañados dun adulto

18 de maio | de 11.30 a 13 horas

Centro Arqueolóxico do Areal Salinae en Vigo Como chegar

 

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorIbiza Family Shop
Artículo siguienteFestiletras 2013

Escribe un comentario