Desembarco Pirata no Grove 2017

No Grove lembrarán esta fin de semana os dous asaltos piratas a San Vicente do Grove ocorridos nos anos 1799 e 1801. É a festa do Desembarco Pirata e celébrase os días 9, 10 e 11 de xuño cun programa de música, animación, xogos populares, teatro e mercado de artesanía e gastronomía.

Foto: Desembarco Pirata

9 de xuño

  • 17 horas | Venres Negro – Noite de compras pirata
  • desde as 17h | Música e ambientación | Rúa Castelao
  • desde as 17h | Xogos Populares | Rúa Castelao

10 de xuño

  • de 11 a 21.30h | Mercado Pirata con artesanía e gastronomía | Confín
  • de 11 a 20 horas | Xogos Populares | Confín
  • de 11 a 21.30h | Maratón de fotografía | Confín
  • de 20 a 21 horas | Representación teatral e musical Desembarco Pirata | Confín

11 de xuño

  • de 11 a 21.30h | Mercado Pirata con artesanía e gastronomía | Confín
  • de 11 a 20 horas | Xogos Populares | Confín
  • 11 horas | Bautismos de hípica co Centro Ecuestre Galiocio | Confín
  • de 11 a 21.30h | Maratón de fotografía | Confín
  • 12.30 horas | Representación teatral e musical Desembarco Pirata | Confín

 

 

Escribe un comentario