Culturgal en Pontevedra

Culturgal en Pontevedra

culturgal 2012A Feira das Industrias Culturais, Culturgal, reúne os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro en Pontevedra a distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Ademais de expositores e mesas redondas orientadas a profesionais, Culturgal contempla un amplo programa dirixido ao público infantil e familiar.

30 de novembro

11 horas | Baobab Teatro: Contos para ti. Actividade programada con centros educativos
11 horas | Asociación ORAL: obradoiro de regueifas. Con centros educativos
11 horas | Viravolta: Titerehop. Actividade de Falaredes. Con centros educativos
12 horas |  Babaluva: Lume. Os títeres protexen o monte. Con centros educativos
12.30 horas | Conversa con Marcos Calveiro. Con centros educativos
14 horas | Presentación do libro-cd Na Ponte, de Ponte nas Ondas
17 horas | Patasdepeixe: Cociña extraterrestre. Un obradoiro para aprender a facer os postres máis divertidos (de 6 a 10 anos). Inscrición previa 15 minutos antes (20 prazas)
18 horas | Pepe Carreiro: Cousas de cans. De dálmatas a sabuxos, pasando por palleiros e bulldogs
19.30 horas | Caramuxo Teatro: Ñam (de 1 a 4 anos). Ata encher a sala
20 horas | María Inés Cuadrado: A Berenguela. Opereta de voz narrada

1 de decembro

11.30 horas | Abrakadabra: obradoiro de maquillaxe, para integrarse dende o primeiro momento no mundo de fantasía de Culturgal
11.30 horas | Ventos: obradoiro de escritura, encadernación artesanal e reutilización de papel para nenas e nenos. Inscrición previa 15 minutos antes (30 prazas)
12 horas | Presentación da programación de TVG para nenos e nenas
12 horas | O señor das dunas. Actividade de Falaredes. Ata completar aforo
17 horas | Patasdepeixe: O trenciño de Relouco (de 6 a 10 anos). Inscrición previa 15 minutos antes (20 prazas)
17.30 horas | Luis Prego: Xogos infantís tradicionais
18 horas | Quinquilláns: Contos de Artur e Morgana
18.30 horas | Tucho Calvo e Xosé Cobas: Paxaro de mar e vento. Ilustrando o nacemento dunha praia
19 horas | Galaxia Tales. Unha plataforma de contos en rede
19.30 horas | CSIC Galicia: Que traballo tan curioso!
19.30 horas | Xoga con Komoko. Taller lúdico con videoxogos didácticos
20 horas | Mamá Cabra: Bicos de música. Miniconcerto

2 de decembro

11.30 horas | Carballo con botas: a música das árbores. Contacontos de sensibilización ambiental
12 horas | Elefante Elegante: Nuncabunga. Espectáculo cómico e poético
13 horas | María Fumaça. A feira bota fume coa  locomotora máis festeira
16.30 horas | Na Ponte. Unha historia de Ponte nas ondas. Programa de radio en directo
18.30 horas | Os sete magníficos máis un: A  historia de Brancaflor. Un conto máxico sobre a forza do amor
19.30 horas | Fantoches Baj: As pombas do carboeiro. Un romance antigo contado por trovadores contemporáneos

E todos os días…

Exposición As cantigas de Santa María, Arte BDieval, de BD Banda, e exposición dos cabezóns creados con elementos de  refugallo polo estudantado de Pontevedra no obradoiro dirixido por Inacio Vilariño. Tamén haberá propostas de manualidades divertidas e estimulantes, para que os nen@s non queden nunca sen actividad.

PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA Como chegar

Para máis información podedes chamar ao telefono 986 833 061. Podedes consultar o programa completo.

 

Escribe un comentario