Culturgal 2017

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, volve a Pontevedra esta fin de semana e faino celebrando a súa décima edición. Unha cita para gozar en familia e onde os nenos e as nenas se poden achegar a un amplo abano de propostas culturais: música, teatro, libros, danza, ciencia…

Aquí cóntovos o programa infantil e familiar, pero podedes seguir toda a actualidade e o programa completo na web culturgal.com.

 

1 de decembro

  • 18 horas | A galiña azul. Secretaría Xeral de Política Lingüistica. Galaxia. Programa FalaRedes 2017. Actividade teatral de dinamización da lingua galega inspirada na obra homónima de Carlos Casares, a cargo de Ubú Teatro. ESPAZO INFANTIL DELEITE
  • 19.30 horas | O branco non pinta! Apiario. Contacontos ilustrados, unha aproximación dende a literatura infantil ao branco como posibilidade de resposta infinita ás grandes preguntas da infancia. Antía Otero, autora, contará o conto que María Brenn, ilustradora, debuxará en directo ao mesmo tempo. ESPAZO INFANTIL DELEITE
  • 20.15 horas | Presentación da obra gañadora do concurso Balbino de relatos. Edicións Fervenza. De que falarán as árbores de Ricardo Cid Paz. ESPAZO LIBRO

2 de decembro

  • 11 horas | Ciencia á Feira con Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do Instituto de Investigacións Mariñas IIM -CSIC eDivulgACCIÓN. ESPAZO INFANTIL DELEITE
  • 11.30 horas | O Conto das três nozes que eram romãs, que eram maçãs, que eram… Camões, I.P. / Centro Cultural Português em Vigo. O conto das três nozes que eram romãs que eram maçãs que eram… é o segundo espectáculo do grupo de teatro amador en portugués Eu.Experimento. Pensada para toda a familia, a peza inspírase nun conto da tradición oral. ESPAZO CARPA
  • 11.30 horas | A Musicleta e Os Instrumentos Máxicos. Con Pulpiño Viascón e o Sr Líli. Pulpiño ten moitos instrumentos, como o famoso serrucho máxico, un acordeón electrónico e unha gameboy. O Sr Líli ten unha musicleta! Unha bicicleta totalmente adaptada para un pasarrúas con amplificación propia. Un espectáculo para tódalas idades que percorre a Feira. ITINERANTE
  • 11.45 horas |  Papagaio, un xornal para xente miúda. Con Abraham Carreiro. ESPAZO FORO
  • 12 horas | Presentación 19º Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Concello de Pontevedra. Unha cita de referencia con nova edición en abril de 2018, co lema “Mulleres de conto” e con México como país convidado. ESPAZO LIBRO
  • 12.30 horas | Presentación das novas obras ilustradas dos libros de María Victoria Moreno. Urco Editora. Con Andrea Jamardo Seijo, editora, Xavier Senín, asesor editorial, e as ilustradoras María Montes e Lara Torres. ESPAZO LIBRO
  • 12.30 horas | Obradoiro de arquitectura. CGAC. Entre 6 e 11 anos. 15 prazas. Inscrición previa. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
  • 13.30 horas | Concerto PunkInfantil. Charlatana S. Coop. Galega. Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas xuntan talentos para ofrecer un novo espectáculo de clown, circo e música. Dous músicos chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk. Quén actuará? ESPAZO INFANTIL
  • 16.30 horas | María Fumaça. 5º aniversario. Galaxia. Sonárbore. ESPAZO CARPA
  • 17 horas | Contacontos ilustrado Serie GLIZ con Anxo Fariña. Xerais. Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama… e viven moitísimas aventuras. Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. ESPAZO INFANTIL DELEITE
  • 18 horas | Teatro e Marionetas de Mandrágora. Bzzzoira Moira. A partir de 6 anos. ESPAZO INFANTIL DELEITE
  • 19 horas | O raposo Rufo. Edicións Embora. Presentación da colección. O raposo Rufo é unha nova colección para prelectores e primeiros lectores que protagoniza un simpático animal e os seus amigos da fraga. Rufo e os seus amigos amósannos por que debemos coidar o medio ambiente e como facelo. Aprenderemos como reciclar, a súa importancia, e os resultados desa labor dun xeito ameno e divertido. Con Dani Vieitez, autor, e Iria Iglesias, ilustradora. ESPAZO INFANTIL DELEITE
  • 19.45 horas | Gombó. Edicións Fervenza. Dramatización do conto “Gombó e o medo á escuridade” , da colección Gombó. O elefante Gombó terá que ser valente para superar diversas aventuras e enfrentarse así ao seu temor a escuridade, ao descoñecido. Con Ánxela Gracián, autora, Christian Villamide, ilustrador, e Armando Requeixo, escritor e crítico. ESPAZO INFANTIL DELEITE
  • 20.30 horas | Globotolo. Barafunda Animación. Un espectaculo baseado no arte de darlle forma o aire con globos. ESPAZO INFANTIL DELEITE

3 de decembro

  • 11.15 horas | A viaxe da palabra que non era valente. 10d10. Silvia Penide, voz, e César De Centi, voz e guitarra, únense para presentar un espectáculo no que os cativos e cativas aprecien o valiosa que é a linguaxe e as palabras. A través dun conto que entrelaza cancións de autores e autoras moi coñecidos conformarán unha historia coa finalidade de salientar a importancia do diálogo na educación emocional. ESPAZO INFANTIL
  • 11.30 horas | Ponteciencia. Concello de Pontevedra. ESPAZO FORO
  • 11.30 horas |Obradoiro de arquitectura. CGAC. Entre 6 e 11 anos. 15 prazas. Inscrición previa. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
  • 12 horas | Eu cociño, ti cociñas? O novo album de Mama Cabra. Galaxia. Sonárbore. AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA
  • 12 horas | O cinematomago. O mago Paco achegará a maxia do cine nun espectáculo que precisa a colaboración imprescindible do público. Poderemos ver diferentes escenas clásicas do cinema de todos os tempos a través da maxia. Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión. 3,2,1… Maxia, e acción! ESPAZO INFANTIL DELEITE
  • 12.45 horas | Nadal no Gaiás e Pequefilmes. Fundación Cidade da Cultura. Presentación e obradoiro arredor desta programación e proxección de curtametraxes infantís. Presentarase, así mesmo, o Club Gaiás con descontos na compra de entradas. ESPAZO INFANTIL
  • 15 horas | Efervesciencia. Emisión en directo do programa da Radio Galega. ESPAZO FORO
  • 16.30 horas | Pitusa Semifusa e os Estilos Musicais. Galaxia. Sonárbore. Presentación de disco.  Olga Brañas, Andrea Picos, Marta Bravo, Brais Morán, Pablo Vidal e Carliños Freire explicarán os diferentes estilos musicais cun espectáculo divertido e participativo. ESPAZO CARPA
  • 17 horas | Mulleres bravas. Urco Editora. Presentación de novos títulos con Andrea Jamardo Seijo, directora da colección, María Reimóndez, autora de Pepa a Loba, Ledicia Costas, autora de Xulia Minguillón e Eva Agra, ilustradora. ESPAZO LIBRO
  • 17 horas | Pequeno Cabaret Infantil. Con Nelson Quinteiro. Un orixinal espectáculo para todas as idades que consiste na instalación dun vistoso teatrillo. Colorido cabaret de ritmo desenfadado e alegre música para falar dos contos de toda a vida. Un espectáculo de ritmo frenético, moita interacción, sorpresas, cancións e coreografías. ESPAZO INFANTIL DELEITE
  • 17 horas | Scriptorium. Secretaría Xeral de Cultura. Obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas para descubrir as técnicas e materias empregados na copia de manuscritos na Idade Media. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
  • 17.30 horas | Argonat Band. Rock and roll e pop da man de seis acordeóns, violín, gaita, baixo eléctrio e batería facendo versións dos clásicos. Alumnos e alumnas da Escola de Música de Torroso en Mos dirixidos por Juan Bande cunha posta en escena de estética R&R buscando a complicidade do público que recoñece as cancións de Led Zeppelin, AC/DC, Mago de Oz, Bonnie M, Os Resentidos, Siniestro Total ou Andrés do Barro. ESPAZO CARPA
  • 18 horas | Papi e mami. Fantasía coas palabras. Galaxia. Sonárbore. ESPAZO INFANTIL DELEITE
  • 18.15 horas | Interrogamos aos videoxogos en familia. Nova Escola Galega. Actividade dirixida e dinamizada pola pedagoga Silvia López Gómez. ESPAZO FORO
  • 19 horas | Radio BULEBULE. Kalandraka Editora. Pequeno recital a cargo do músico Paco Nogueiras presentando unha escolma das cancións e dos videoclips que conforman o libro-CD-DVD coas intervencións de José Miguel Sagüillo, artista e director dos videoclips, David Pintor, ilustrador, e Xurxo Souto. ESPAZO INFANTIL DELEITE
  • 19.15 horas | O Garaxe Hermético. Presentación da Escola de Banda Deseñada e do traballo feito por alumnas/os: “O picoto do pai”. Con Kiko da Silva, Fernando Llor e alumnado. ESPAZO FORO

__________________________________________

 

ENTRADA: a entrada a Culturgal para menores de 12 anos ten un prezo de 1€/un día. Se queres acceder á Feira máis dun día o prezo é de 2€. Os menores de 3 anos teñen entrada libre.

PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.