Culturgal 2016

Volve Culturgal a Pontevedra. Música, teatro, libros, danza, ciencia e xogos para toda a familia. Unha fin de semana para gozar en familia cun amplo programa pensado para diferentes idades arredor do lema cultura, comunidade, futuro. Esta Feira das Industrias Culturais é os días 2, 3 e 4 de decembro.

Este é o programa infantil e familiar:

2 de decembro

  • 19 horas | ESPAZO INFANTIL | Fedellas. Agrupación de Teatro Pontevedra. Espectáculo teatral baseado nun conto no que os rapaces e os adultos do público formarán parte da historia.
  • 19.45 horas | ESPAZO INFANTIL | Contacontos do libro O cociñeiro Martiño de Xerais. Co autor Iago López
  • 20.30 horas | ESPAZO INFANTIL | Virapé con Servando Barreiro. Danzas do mundo participativas

3 de decembro

  • 11 horas | ESPAZO INFANTIL | Ciencia á Feira. Obradoiro Ano Internacional dos Legumes. Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia co apoio da Misión Biolóxica de Galicia
  • 11.45 horas | ESPAZO LIBRO | Entrega do 7º Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira a Héctor Cajaraville
  • 12.45 horas | ESPAZO LIBRO | Presentación 18º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Concello de Pontevedra e do libro Escaquis e Romeu
  • 16.30 horas | ESPAZO CARPA | A banda dos cueiros con Espazo Lectura
  • 17 horas | ESPAZO INFANTIL | O censor de monstros de Barafunda. Un contacontos teatralizado
  • 17.30 horas | ESPAZO CARPA | Cousas de papá. Xerais. Música e poemas con Héctor Lorenzo, Xaquín López, violín, e Marcos Saburido, percusións
  • 17.45 horas | ESPAZO INFANTIL | Hocus pocus co Mago Paco
  • 18.30 horas | ESPAZO INFANTIL | Canta connosco de Migallas Teatro
  • 18.30 horas | ESPAZO CARPA | VaiOviravai de Editorial Galaxia. Unha proposta de teatro musical ao redor do álbum ilustrado-CD As andanzas de Paio do Grupo OViravai
  • 19.15 horas | ESPAZO INFANTIL | A meniña de libros con Patasdepeixe. Presentación da obra baseada no libro de Patasdepeixe editora
  • 20 horas | ESPAZO INFANTIL | Parkour Park Móbil + Obradoiro. Vella escola. Montaxe do primero parque móbil de Galicia para a práctica do Parkour
abandadoscueiros
A Banda dos Cueiros espazolectura.org

4 de decembro

  • 11.30 horas | ESPAZO FORO | Rosalía total. Club de Lectura leCRAS. Coa participación da Fundación Rosalía de Castro, Cantareiras de Chan, Galiestampa e Wiki Rosalías
  • 11.30 horas | ESPAZO INFANTIL | Pesdelán Entroidanzas con Producións Merlo Branco. Obradoiro-baile do novo espectáculo e DVD de Pesdelán
  • 12 horas | AUDITORIO | María Fumaça de Editorial Galaxia  *entrada:
  • 12.30 horas | ESPAZO LIBRO | Barriga verde sen volta de folla coa Asociación Morreu o Demo
  • 13.30 horas | ESPAZO INFANTIL | Primeira semana na escola de vacas con Patasdepeixe Editora
  • 16.30 horas | ESPAZO CARPA | Tic tac toc de Pablo Díaz
  • 16.30 horas | ESPAZO INFANTIL | Campionato de puzzle con Punto e Coma
  • 16.45 horas | ESPAZO LIBRO | Seres mariños. A Mesa. Presentación con Mónica Pazos, que falará de materiais en galego para a educación infantil, e Alfredo López, ilustrador do libro que explicará característica dos diferentes seres mariños e o nome en galego
  • 17.30 horas | ESPAZO FORO | Cal é o teu talento? con Barafunda Animación. Obradoiro de creatividade dirixido a nenos con máis de 10 anos de idade, pais, profesores e pedagogos
  • 18 horas | ESPAZO INFANTIL | Os soños na gaiola. Morreu o demo. Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar
  • 18.45 horas | ESPAZO INFANTIL | Na procura da canción perdida de Producións Dispersas
  • 19.30 horas | ESPAZO INFANTIL | Os xoguetes de Clío. Unha homenaxe a Carlos Casares con Polo correo do vento

 E ademais…

Xogando miudiño (xogos e xoguetes tradicionais) con Miudiño Cooperativa. Unha zona dentro da Feira na que gozar e xogar con trebellos e xogos de toda a vida

Bebeteca deseñada para as diferentes etapas dos dous primeiros anos de vida e ata 4 anos. Un espazo pensado para que as familias teñan un recuncho de descanso e xogo

ExpoExperimenta no vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura. Unha mostra do Espazo Experimenta. Obradoiro de Arte e Cultura Visual para rapaces e rapazas dirixido por Itziar Ezquieta

*fotos vía culturgal.com


 

ENTRADA

  • 1€ para menores de 12 anos, soamente 1 día
  • 2€ para acceder máis dun día á feira
  • Entrada libre para menores de 3

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorMúsica y teatro en Ourense
Artículo siguienteCine: Vaiana

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.