Contacontos na Biblioteca Nodal de Pontevedra

Contacontos na Biblioteca Nodal de Pontevedra en xuño

Biblioteca Municipal Antonio Odriozola de Pontevedra organiza novas sesións de contacontos para os máis pequenos durante este mes de xuño.

Alicia no país das marabillas con Títeres Cachirulo

Alicia-en-el-país-de-las-maravillasFantástica recreación para marionetas baseada no relato de Lewis Carroll Alice’s Adventures in Wonderland. Conducidos polo Coello Branco, seguiremos con expectación as aventuras da pequena Alicia nese mundo onírico e  fantástico que late debaixo da terra. Alí merendaremos coa Lebre de Marzo, o Sombreireiro Tolo e o Leirón. Xogaremos ao cricket coa Raíña de  Corazóns e coidado Alicia! estás a medrar de novo e caeremos todos polo chan!

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

7 de xuño | 18.30 horas

Entrada de balde, ata completar aforo

Contos nas orellas con Bea Campos

migallas_contacontos_contos_nas_orellasContos de risa, trasnos e carapuchiñas. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación… Ditos, cancións e pequenos xogos tradicionais salpican toda esta sesión, que ten como finalidade o gozo da literatura por parte dos pequenos.

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

14 de xuño | 18 horas

Entrada de balde, ata completar aforo

BIBLIOTECA ANTONIO ODRIOZOLA en Pontevedra Como chegar

 
 

Escribe un comentario