Contacontos en Vigo

Contacontos en Vigo

contacontos a gaivota antonO Centro de Interpretación da Natureza do Parque das Illas Atlánticas organiza o día 24 de marzo a sesión de contacontos A Gaivota Antón, presentado por Troula Animación e os artistas Codia e Miolo. Estes dous personaxes saídos dos contos tradicionais trasladarán aos máis pequenos a necesidade de valorar o medio natural que teñen máis preto.

Dentro deste Centro de Interpretación da Natureza poderedes descubrir as catro illas do Parque: Cíes, Sálvora, Ons e Cortegada. Poderedes observar o medio natural das illas, a fauna e a flora, así como as rochas, a historia do parque e os fondos mariños.

24 de marzo | 12 horas

Entrada gratuita

Centro de Interpretación da Natureza do Parque das Illas Atlánticas en Vigo Como chegar

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorRuta de marisqueo en O Grove
Artículo siguienteEquiocio 2013

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.