Ciclo de Cine Infantil en Pontevedra

Ciclo de Cine Infantil en Pontevedra

Fundación Meniños organiza un Ciclo de Cine Infantil na Biblioteca Municipal Antonio Odriozola de Pontevedra para este mes de novembro.

 ciclo cine_meniños

Onde viven os monstros 

Max é un neno de 9 anos traveso e sensible, que se escapa da súa casa para navegar a través dos mares e converterse no rei dun marabilloso mundo de incribles monstros xigantes, ¡pero ser rei convértese nunha tarefa máis difícil do que parecía!

Duración: 101 minutos

7 de novembro | 18 horas

The Secret of Kells

Brendan, un mozo monxe de 12 anos, vive nunha abadía de Kells na Irlanda do século IX. Xunto co resto de irmáns, axuda a construir unha muralla para protexer a abadía dos asaltos dos viquingos. Cuando coñece ao Irmán Aidan, un famoso mestre miniaturista e “gardián” dun excepcional libro de miniaturas que está, porén, inacabado, o pequeno Bernard vai vivir incribles aventuras.

Duración: 75 minutos

14 de novembro | 18 horas

Rio 

Rio é unha comedia de animación ambientada na cidade brasileira de Rio de Janeiro durante a súa maior e máis popular festa: o Carnaval. Blu é un paxaro da especie dos papagaios que medrou nunha pequena aldea de Minnesota en Estados Unidos, crendo que é o derradeiro exemplar da súa especie. Un día entérase de que unha papagaia da súa especie foi descubierta en América do Sur e viaxa a Río para atopala.

Duración: 96 minutos

21 de novembro | 18 horas

As Aventuras de Sammy

Sammy é unha pequena tartaruga que vive deixándose arrastrar polas correntes na compaña do seu amigo Ray. Despois dun percance cuns pescadores acaba sendo recollida por un neno que a coidará durante varios meses. Pasado un tempo, decide reanudar a súa viaxe, vivindo un sinfín de aventuras con fabulosos compañeiros.

Duración: 85 minutos

28 de novembro | 18 horas

BIBLIOTECA ANTONIO ODRIOZOLA en Pontevedra Como chegar

As sesións son gratuitas

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.