Centro de Interpretación do Parque das Illas Atlánticas

Centro de Interpretación da Natureza do Parque das Illas Atlánticas

O Centro de Interpretación da Natureza do Parque Nacional Illas Atlánticas é un centro divulgativo que abriu este Nadal as súas portas en Vigo con catro salas interpretativas, unha por cada unha das catro illas do Parque: Cíes, Sálvora, Ons e Cortegada. Os contidos expositivos artéllanse ademais arredor de catro dimensións diferentes das illas: o líquido (auga, mar e mareas); o sólido (rochas, illa, flora, fauna e historia); o aire (vento, aves e son) e a luz (sol, bruma, cor). Son case 1.400 metros cadrados, distribuidos en seis plantas e conta ademais con salón de actos, salas interpretativas, un aula e biblioteca.

O obxectivo é dar a coñecer as illas Atlánticas e entre os detalles máis atractivos do centro de interpretación figuran catro  cabinas nas que se reproducen cada unha das illas que forman parte do parque cos seus fondos mariños.

parque illas atlanticas

Horario:

Inverno: de martes a sábados de 10 a 14 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Domingos e festivos de 11 a 14 e pechado polas tardes. Os luns o centro está pechado.

Verán: de luns a sábados de 10 a 14 horas e de 17.30 a 21 horas. Domingos e festivos de 11 a 14 e pechados polas tardes.

Entrada: Gratuita

Centro de Interpretación da Natureza do Parque das Illas Atlánticas en Vigo Como chegar

Escribe un comentario