Armadiña Kids en Combarro

Dentro do festival Armadiña Rock 2015 de Combarro que se celebra o día 21 de agosto non vos podedes perder este ano Armadiña Kids, a proposta para os máis pequechos da casa. Trátase dun espazo para potenciar a música, a cultura galega e o compromiso medioambiental.

ESPAZO  ARMADIÑA KIDS

  • Obradoiro de instrumentos de refugallo. Entre os recursos pedagóxicos da Educación Medioambiental, atópase a manipulación directa de material de refugallo para a súa reciclaxe. No proceso de creación de diversos instrumentos musicais recuperaremos directa ou indirectamente algúns compoñentes dos residuos (chapas, latas, paus,…) para dotalos dun novo uso, unha nova vida.
  • Escola de Rock. Dinámica grupal de percusión corporal: divertida e particular proposta, de percusión corporal infantil, recurso musical de iniciación e fonte de motivación para os cativos mediante o uso do corpo como instrumento musical, ademais doutros obxectos. Na aprendizaxe da percusión corporal, conseguimos ademais de aprender ritmos básicos, traballar a percepción e a memoria para o desenvolvemento da intelixencia.

 

ESPAZO CULTURA POIO

  • Mural de creatividade colectiva (con washi tape) PEGADA CULTURAL: espazo destinado a elaboración dunha actividade artística conxunta empregando a cinta (washi tape) como elemento creativo.
  • Pintacaras do rock: actividade que permite aos participantes divertirse e expresar a súa creatividade empregando os mitos das estrelas do rock como inspiración.

 

ESCENARIO ARMADIÑA ROCK

  • Obradoiro de experimentación musical: actividade que pretende achegar aos cativos aos equipos de son, a música gravada, experimentando a través do xogo.
  • Xabarin DJs: despois de experimentar toca converterse nun pequeno pinchadiscos do Armadiña Kids, lembrando as clásicas cancións do programa musical Xabarín Club.
  • O grupo de batucada Os Queimatasas ensinarán aos máis pequenos os seus ritmos a base de percusión.

Horarios

  • De 17 a 18 horas
    • Espazo Armadiña Kids: obradoiro de instrumentos
    • Espazo Cultura Poio: pintacaras do rock
    • Aula Armadiña Rock: obradoiro de experimentación musical
  • De 18 a 19 horas
    • Espazo Armadiña Kids: obradoiro de instrumentos
    • Espazo Cultura Poio: mural colectivo
    • Aula Armadiña Rock: xabarín DJ
  • De 19 a 20 horas
    • Espazo Armadiña Kids + Espazo Cultura Poio: batucada colectiva
    • Aula Armadiña Rock: actividade sorpresa

 


 

Escola do Campo en Combarro Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.