Animatron en Pontevedra

O parque das Palmeiras acolle do 28 ao 31 de xullo un amplo abano de actividades lúdicas e de animación para os máis pequenos.

Zancudos, pallasos, monociclistas e a ludoteca Constrúe a túa cidade son algunhas das actividades. Tamén haberá obradoiros con distintas temáticas: Mundo Aventura, Mundo globo, Circo e Xogos populares. Actuarán Títeres e Teatro Tarabelos, Asocirko, Rivel Animación e Cé Orquestra Pantasma.

 

  • Do 28 ao 31 de xullo | de 18 a 21 horas
  • Parque das Palmeiras en Pontevedra Como chegar

 

Escribe un comentario