Actividades no Museo do Mar en Vigo

Actividades en Semana Santa no Museo do Mar en Vigo

Esta Semana Santa no Museo do Mar de Galicia en Vigo podedes pasar un día diferente mergullándovos nas profundidades do mar. No Centro Arqueolóxico do Areal Salinae poderedes achegarvos aos sabores do mundo romano cun obradoiro moi especial.

acuario_museo do mar

Viaxe ao mundo submarino

Nesta viaxe poderedes coñecer de preto os segredos, anécdotas e descubrimentos da historia da conquista dun vello soño humano: ser coma os peixes e coñecer os misterios dos fondos mariños. Unha visita guiada á sala do mundo submarino do museo, pero non coma simples testemuñas senón coma protagonistas da historia. Da man de xenios como Da Vinci, Cousteau, Monturiol, Sanjurjo Badía e outros, descubriredes os perigos de mergullarnos, as técnicas e tecnoloxías máis antigas, veredes peixes abraiantes a 1500 metros de profundidade… e outras tantas sorpresas.

Dirixido a: todos os públicos. Os nenos menores de 8 anos deben ir acompañados dun adulto

Duración: 90 minutos aproximadamente

Do 26 ao 30 de marzo | de martes a sábado | 11.30 horas

Consultar prezos. Require cita previa no teléfono 986 247 750

Contacontos no acuario: A lenda dos Mariño

Os máis pequenos poderán mergullarse no fondo do mar para escoitar a lenda tradicional dos Mariño de Galicia. Explorarán as lembranzas de Xan Mariño, vello lobo de mar. Tamén coñecerán moitos segredos dos peixes do acuario e poderán contemplar a momia dun verdadeiro home peixe…

Dirixido a: nenos de 3 a 7 anos sempre acompañados dun adulto

Duración: 45 minutos aproximadamente

24 e 31 de marzo | 12 horas

Require cita previa no teléfono 986 247 750.

Museo do Mar de Galicia en Vigo Como chegar

 

Actividades no Centro Arqueolóxico do Areal Salinae

Os sabores de Roma

O Centro Arqueolóxico do Areal Salinae propónnos unha pequena viaxe no tempo perseguindo os segredos dos sabores dos alimentos, sólidos e líquidos, da época romana. Viaxaremos polas súas costumes á hora de transportar alimentos, de conservalos, de cociñalos e de consumilos e disfrutaremos experimentalmente dalgúns sabores propios desta cultura.

Dirixido a: todos os públicos. Os nenos menores de 8 anos deben ir acompañados dun adulto

Duración: 90 minutos aproximadamente

Do 26 ao 30 de marzo | de martes a sábado | 11.30 horas

Entrada gratuita. Require cita previa no teléfono 986 247 750.

Centro Arqueolóxico do Areal Salinae en Vigo Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.