Actividades no Museo do Mar de Galicia

Estes días de Semana Santa poderedes visitar o Museo do Mar de Galicia e o Centro Arqueolóxico do Areal Salinae e disfrutar en familias das actividades didácticas e visitas guiadas.

A CASA DOS VELLOS MARIÑEIROS

Os nenos e nenas transformaranse en pequenos mariñeiros/as tradicionais galegos e vivirán unha experiencia que lles permitirá coñecer e practicar algunhas das actividades que realizaban os vellos mariñeiros e, ademais, visitarán o acuario onde se lles contará un contacontos e descubrirán algúns dos segredos que gardan os habitantes do tanque.

  • Dirixida a: familias con nenos de 3 a 8 anos (*menores sempre acompañados dun adulto)
  • de martes 11 a viernes 14 de abril  | 11 horas
  • Duración: 60 minutos aprox
  • Entrada: 3€ entrada | 1,50 € entrada reducida (estudantes, desempregados e xubilados) | gratuita para menores de 8 anos
  • É necesario reservar con antelación. Para reservar podedes charmar ao 986 247 750 de martes a sábado de 10 a 14 horas

 

A CONQUISTA DO MUNDO SUBMARINO

Coñeceredes as técnicas empregadas polos seres humanos ao longo do tempo para conquistar o mundo submarino. Veredes pezas únicas e orixinais, practicaredes técnicas ancestrais de mergullo, visitaredes o acuario…e algunha que outra sorpresa máis.

ARQUEOLOXÍA. UNHA CIENCIA POR DESCUBRIR

Aproveitando o castro que temos parcialmente escavado e musealizado no museo vamos a converter aos participantes desta actividade en verdadeiros arqueólogos;  coñecerán directamente como é o traballo no mundo da arqueoloxía, e para elo, entre outras cousas, realizarán unha escavación arqueolóxica fielmente simulada, con pezas orixinais e réplicas exactas, e ademais analizarán os resultados nun laboratorio.

  • Dirixida a: familias con nenos a partir de 8 anos (*menores sempre acompañados dun adulto)
  • de martes 11 a viernes 14 de abril  | 11 horas
  • Duración: 90 minutos aprox
  • Entrada: 3€ entrada | 1,50 € entrada reducida (estudantes, desempregados e xubilados) | gratuita para menores de 8 anos
  • É necesario reservar con antelación. Para reservar podedes charmar ao 986 247 750 de martes a sábado de 10 a 14 horas
ALIMENTACIÓN DOS PEIXES DO ACUARIO

Poderedes ver como un dos nosos acuaristas se mergulla no acuario para dar de comer aos seus habitantes e coñecer un pouco máis sobre como é a súa alimentación.

  • Dirixida a: público familiar  – todos os públicos (*menores sempre acompañados dun adulto)
  • 14 de abril  | 11  e 11.45 horas
  • Duración: 15 minutos aprox
  • Entrada: 2€ entrada | 1€ entrada reducida (estudantes, desempregados e xubilados) | gratuita para menores de 8 anos  *entrada por orden de chegada ata completar aforo. As entradas poderán collerse a partir da apertura do museo ás 10h
COÑECENDO O MUSEO DO MAR DE GALICIA

Visita guiada de presentación do noso museo, onde poderedes coñecer un pouco máis sobre as pezas máis destacaddas que temos en exposición.

  • Dirixida a: familias con nenos a partir de 8 anos (*menores sempre acompañados dun adulto)
  • de martes 11 a viernes 14 de abril  | 17.15 horas
  • Duración: 90 minutos aprox.
  • Entrada: 3€ entrada | 1,50 € entrada reducida (estudantes, desempregados e xubilados) | gratuita para menores de 8 anos
  • É necesario reservar con antelación. Para reservar podedes charmar ao 986 247 750 de martes a sábado de 10 a 14 horas

 

MUSEO DO MAR DE GALICIA en Vigo Como chegar

***Algunhas das actividades requiren reserva previa. Para reservar podedes charmar ao 986 247 750 de martes a sábado de 10 a 14 horas***
DESCUBRINDO SALINAE

Visita guiada especial a esta fermosa salina romana, que irá acompañada de réplicas e outros obxectos de interese que farán a visita máis entretida e didáctica. Coñeceredes un pouco máis sobre o mundo romano e sobre esta salina.

  • Dirixida a: familias con nenos a partir de 8 anos (*menores sempre acompañados dun adulto)
  • de martes 11 a venres 15 de abril  | 11 horas
  • Duración: 60 minutos aprox.
  • Entrada: gratuita
  • É necesario reservar con antelación. Para reservar podedes charmar ao 986 247 750 de martes a sábado de 10 a 14 horas
  • Salinae – Centro Arqueolóxico do Areal Como chegar

 

 

Escribe un comentario