Actividades nas Bibliotecas de Redondela

Actividades e contacontos nas Bibliotecas de Redondela

As Bibliotecas de Redondela continúan con actividades de contacontos. Mañá día 26 de abril Marisa Irimia visitará a Biblioteca Municipal de Redondela con Kontos de akí e de akolá. Marisa Irimia contará contos recollidos akí e akolá, contos de sabores, de olores e sons, contos…

Dirixido a: nenos de 3 a 10 anos

26 de abril | 18.30 horas

Entrada libre ata completar o aforamento

Actividades de dinamización

A Biblioteca de Chapela comeza un programa de actividades, diversión e aprendizaxe para os máis pequenos en colaboración co Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela. A biblioteca volve a achegar o lecer educativo a rapaces e rapazas de idades entre os 3 e os 8 anos. Xogos, contacontos, actividades participativas e de contido didáctico coas que dar a coñecer aos cativos moitos dos segredos da cultura e as tradicións de Galicia. Leolo, que se convertirá en protagonista, durante uns días, dos xogos e da aprendizaxe dos rapaces en Chapela.

Dirixidas a: nenos de 3 a 8 anos

26 de abril, 3 e 8 de maio | 18.30 a 20 horas

Biblioteca Municipal de Chapela en Redondela Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.