Contacontos na biblioteca de Pontevedra

Contacontos de Nadal na biblioteca de Pontevedra

Biblioteca Municipal Antonio Odriozola de Pontevedra organiza para este mes de decembro sesións de contacontos para nen@s. 

O Apalpador 

apalpadorA compañía Teatro do Miolo interpreta a obra de teatro que nos achega á personaxe de Nadal de tradición galega O Apalpador. Vello carboeiro de barba longa, boina, pipa e roupa remendada, que baixa das altas montañas en Noite vella para comprobar que os nen@s teñen as barrigas cheas e sás. Ao remate da súa visita, sempre deixa unha presada de castañas e algún xoguete para desexar un ano cheo de ledicia.

Dirixida a: Público familiar

14 de decembro | 18.30 horas

Entrada de balde ata completar o aforo.

Contacontos especial Nadal

xelo o carteiro xureloXelo, o carteiro xurelo de Polo Correo do Vento. Xelo, o carteiro xurelo, está protagonizado por algunhas das nosas especies máis emblemáticas da nosa fauna mariña, presentando diversos obxectos de uso cotián e algúns dos espazos naturais protexidos da nosa beiramar.

26 de decembro | 18 horas

 

carola a carteira centolaCarola, a carteira centola de Polo Correo do Vento. Carola, a carteira centola, está protagonizado polos mariscos máis habituais da natureza galega, abordándose, ademais, os instrumentos e xéneros musicais populares e a localización dalgúns dos faros da costa galega.

27 de decembro | 18 horas

 

trinke trinke contos cos trasnosViaxe a Sudamérica coa compañía Trinke Trinke. Contacontos para promover a lectura e estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o espíritu crítico dos nen@s.

28 de decembro | 18 horas

 

Entrada de balde, ata completar aforo

BIBLIOTECA ANTONIO ODRIOZOLA en Pontevedra Como chegar

Escribe un comentario