Actividades en Bueu

Actividades en Bueu

bueuBueu continúa este mes de agosto co seu programa de actividades para o verán. Ademais do 15 ao 18 de agosto celebraráse a  XIV Festa do Polbo de Bueu e tamén haberá festas do 16 ao 18 de agosto na Illa de Ons.

13 de agosto | 21 horas | Praza Massó | Monicreques de verán

14 de agosto

20.30 horas | Ruta urbana guiada (inscrición no teléfono 986 324 457 ou na Oficina de Turismo)

10.30 horas | Excursión de Cangas a Cabo Home co Clube Golfiños (prezo 5€ e máis información no teléfono 620 130 870)

*hora por confirmar | Centro Social do Mar | Teatro infantil con El Bufón del Reino (entrada: 3,5€

* Recordade ademais que todo os sábados e domingos podedes visitar a Aula da Natureza de Cabo Udra en horario continuado de 12 a 19 horas (con visitas guiadas polo entorno ás 13 e ás 17 horas).

Obradoiros no Museo Massó

No Museo Massó continúa a programación de  obradoiros para o verán. Os obradoiros terán unha duración de  unha hora. A inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838.

15 de agosto | 12 horas | Sentir o Museo
Este obradoiro pretende ser unha viaxe sensorial para experimentar o museo a través do oído, do tacto, do olfacto, do gusto e da vista. @s nen@s descubriran os obxectos do museo e a súa historia para logo escoitar, tocar, cheirar e saborear cos ollos pechados e identificar o que viron ao longo da visita. Dirixido  a nenos de 3 a 6 anos

 

16 de agosto | 12 horas | Balea
Logo de visitar a sala dedicada á caza da balea, coñecer como se cazaba no século XVIII e no século XX, e ver os obxectos empregados na factoría baleeira, os participantes realizarán dous murais sobre esta temática coa técnica da colaxe. Un deles dedicado a caza da balea e outro as razóns da súa  prohibición. Para nenos de 6 a 12 anos

 

22 de agosto | 12 horas | O que o mar non quere
 Os participantes traerán obxectos abandonados o levados polo mar  á  praia e intentaremos coñecer canto tempo tardan en desaparecer cada un dos materiais dos obxectos, onde deberíamos depositalos, como podemos reutilizalos e reciclalos de forma creativa. Finalmente con todos os obxectos construiremos un mostro mariño que se exporá no Museo. Dirixido  a nenos de 5 a 14 anos.

 
 
 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.