Actividades de verán no Museo do Mar en Vigo

Coma cada verán volven ao Museo do Mar de Galicia en Vigo as actividades para coñecelo e disfrutar dunha xornada diferente en familia. Ata o 10 de setembro podedes participar nestas actividades, tanto no  Museo do Mar coma no Centro Arqueolóxico Salinae:

JASÓN, O TIBURÓN

Durante esta actividade coñeceredes os segredos que gardan os tiburóns e as raias do acuario. Poderedes ver e tocar dentes, coiros, mandíbulas e ovos destas especies, e descubrir cousas sobre estas especies que vos deixarán abraiados. Ademais escoitaredes un contacontos que non esqueceredes.

  • Dirixido a: nenos e nenas de 3 a 8 anos (menores acompañados dun adulto responsable)
  • Duración: 60 min aprox.
  • Prezo: 3€ entrada xeral, 1,50€ entrada reducida (menores de 8 a 18 anos, estudantes, desempregados e xubilados), menores de 8 anos gratis
  • DE MARTES A XOVES | 11.30 horas |  CON RESERVA PREVIA
  • SÁBADOS | 12.30 horas |  SEN RESERVA PREVIA

 

UN PASEO POLO MUSEO DO MAR DE GALICIA

Visita guiada de presentación do museo, dirixida a todas aquelas persoas que desexen coñecer un pouco máis sobre o museo e os seus contidos principais.

  • Dirixido a: nenos e nenas a partir de 8 anos
  • Duración: 75 min aprox.
  • Prezo: 3€ entrada xeral, 1,50€ entrada reducida (menores de 8 a 18 anos, estudantes, desempregados e xubilados), menores de 8 anos gratis
  • DE MARTES A XOVES | 17 horas |  CON RESERVA PREVIA
  • DOMINGOS | 12.30 horas |  SEN RESERVA PREVIA

 

ALIMENTACIÓN DOS PEIXES DO ACUARIO

Nesta actividade poderedes ver como un dos acuaristas se mergulla no acuario para dar de comer aos seus habitantes e coñecer un pouco máis sobre como é a súa alimentación.

  • Dirixido a: todos os públicos (menores sempre acompañados dun adulto)
  • Duración: 15 min aprox.
  • Prezo: 2€ entrada xeral, 1,50€ entrada reducida (menores de 8 a 18 anos, estudantes, desempregados e xubilados), menores de 8 anos gratis
  • TODOS OS VENRES  *dende o 22 de xullo | 11.30 E 11.45 horas | SEN RESERVA PREVIA
    • Entrada por orden de chegada ata completar aforo. As entradas poderán collerse a partir da apertura do museo ás 11h e cada persoa poderá coller entradas para un máximo de 3 participantes (nenos de calquera idade e adultos incluidos), poderán ser máis en caso de ser familia numerosa
  • Museo do Mar de Galicia en Vigo Como chegar

 


 

CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL “SALINAE”
DESCUBRINDO SALINAE

Visita guiada a esta interesante salina romana, considerada a única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano. Nesta visita poderedes entender o funcionamento dunha instalación salineira e descubrir o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtención e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto.

  • Dirixido a: nenos e nenas a partir de 8 anos
  • Duración: 60 min aprox.
  • Actividade gratuita
  • DE MARTES A DOMINGO | 11.30 horas |  CON RESERVA PREVIA
  • Centro Arqueolóxico do Areal Salinae en Vigo Como chegar

 

 

***Para máis información podedes charmar ao teléfono 986 24 77 50 ou escribir ao mail info.museodomar@xunta.es. O horario de información e reservas é de martes a sábado de 11 a 14 horas***

 

Escribe un comentario