A Tropa de Trapo en Pontevedra

A Tropa de Trapo en Pontevedra

antia-wamba-tropa de trapoO novo espectáculo de A Tropa de Trapo, Antía, Wamba e o Regato Pequeno, está cheo de música e historias para facernos reflexionar sobre valores e esperanzas para un cambio posible, para un mundo máis xusto. É un espectáculo familiar, orientado para os máis pequenos, pero sen perder de vista aos maiores. Antía é unha nena que vai merendar ao parque. Wamba , un mozo de Congo que vende no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan: Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

Dirixido a: Público infantil e familiar

TEATRO PRINCIPAL de Pontevedra Como chegar

20 de novembro | 18 horas

Entrada gratuita

 

 

 

Escribe un comentario