A Fogueira dos Versos en Gondomar

A Fogueira dos Versos en Gondomar

fogueira dos versosO Espazo Lectura de Gondomar celebra un ano máis un San Xoán alternativo con A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración tradicional desta dataco recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo cultural que este ano correrá a cargo de Múrmel Bruxas, co título Viaxe a Bipolarkus. Será un espectáculo interdisciplinar, para todos os públicos, que mestura música, teatro e poesía.

A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura a partir das 21 horas. As persoas que se animen a participar poden contribuír á festa traendo das súas casas algo de comida. Con esta celebración Espazo Lectura cerra unha nova temporada de actividades centradas no fomento do libro e a lectura en Gondomar, que retomarán tralo verán.
Dirixida a: todos os públicos

23 de xuño  | 21 horas

Casa da Lectura de Gondomar Como chegar

Escribe un comentario