A Feira do Libro de Pontevedra

A Feira do Libro de Pontevedra 2013

feiras do libro de galiciaA Feira do Libro de Pontevedra desenvolverase no Paseo de Odriozola dende o 22 ao 26 de maio. Os postos de exhibición e venda de libros estarán abertos de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. A fin de semana o horario será de 11 a 14.30 e de 17 a 21.30 horas.

22 de maio               

18 horas | Contacontos O Cullarapo Croque de Miguel Ángel Alonso Diz

19 horas| Actuación do grupo de música tradicional Os Alegres e espectáculo cómico-musical con Ratman & Bobyn

19 horas | Montse Fajardo asinará exemplares do libro Matriarcas na caseta de Libraría Paz

20 horas | Santiago Lopo asinará exemplares do libro Hora Zulú na caseta da Libraría Paz

20 horas | Pilar Martínez asinará exemplares do seu libro A Galiña roxa na caseta de Libraría Seijas

20 horas | Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte

23 de maio

18 horas | Contacontos Un reino complicado con Fátima Fernández na caseta da Biblioteca da feira

18 horas | Presentación do libro Miniaturas de Eugenio Granell. Música revelada

18.30 horas | Nieves Abarca asinará exemplares dos seus libros Crímenes exquisitos e Martiryum na caseta de Cronopios Libros

19 horas | O escritor Ramón Caride, presenta o seu libro Endogamia 0.2

20 horas | Presentación da novela Faneca brava, do escritor Manuel Portas

24 de maio

18 horas | As marionetas do mundo e os mundos de Barriga Verde.  Charla coloquio sobre os  títeres galegos realizada por Comba Campoy Anxo García. Presentación do DVD – libro Morreu o demo, acabouse a peseta

19 horas | Fina Casalderrey asinará exemplares do seu libro Fiz o coleccionista de medos na caseta de Libraría Seijas

19 horas | Manuel Loureiro asinará exemplares de Apocalipsis Z na caseta de Libraría Paz

19 horas | Presentación do libro As lambetadas dos Larpeiros

20 horas | Presentación do libro +cd + dvd De roda en roda. Música e danzas do mundo, de Suso Cancela,  Pilar Sampil Javier Jurado.  Ao remate, haberá unha demostración de danzas do mundo a cargo de bailadores e bailadoras á que poderá sumarse todo o público que o desexe.

25 de maio 

12.30 horas | Pedro Feijóo asinará exemplares do seu libro Os fillos do mar

13 horas | Obradoiro de maxia:  Escola de Maxía impartido por Cucarandainas

17 horas | Contacontos de Xelo, o intrépido carteiro xurelo con Polo Correo do Vento na libraría Cronopios Libros

18 horas | Teatro Babaluva representa o seu espectáculo infantil Babacontos

18.30 horas | María Reimóndez asinará exemplares do seu libro En vías de extinción na caseta da Libraría Paz

19 horas | Elena Gallego Abad na feira do libro.  Sinatura  e encontro cos lectores da triloxía Dragal

19 horas | Presentación do libro Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez 

20 horas | Valentina Formoso, presenta o seu libro Do estigma á estima

20 horas | Kiko Dasilva asinará exemplares dos seus libros na caseta de libraría Seijas     

26 de maio

12 horas | Alberte B. Casal asinará exemplares do seu libro Arcadia. Os gardiáns do secreto

13 horas |  Contacontos Contos para quitar os medos con Paula Carballeira 

18 horas | Música con Susa Herrera. Asinará exemplares dos seus libros Cabárceno, Animais encantadoresTodos os animais ao caixón na caseta de Libraría Seijas

19 horas | Tomás Gómez Ahola asinará exemplares do seu libro Galiza Mutante, poder nuclear na caseta da Libraría Paz

19 horas | Presentación do libro Nair, de José Estévez López

19.30 horas | Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado

20 horas | Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide

 

Paseo de Odriozola en Pontevedra Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario