Titerentroido 2013

 

Titerentroido 2013 en Lalín

Estes días de Entroido tamén poderedes disfrutar dos títeres no Festival Titirentroido de Lalín. Do 9 ao 12 de febreiro pequenos e maiores poderán disfrutar coas compañías Títeres Trompicallo, Os Monicreques de Kukas e Teatro de Marionetas de Porto.

O día que chegou unha nube e choveu de Títeres Trompicallo

nube -TrompicalloHabía unha vez que non había nada, só pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manancial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceron os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo … en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?

Dirixida a: Nen@s de 1 a 5 anos

9 de febreiro | 18 horas

Xan Perillán e a maleta máxica de Os monicreques de Kukas

xan perillanXan Perillán é un home moi ocupado, hoxe ten que preparar a maleta para viaxar ao lonxano Oriente. Xunta tódalas súas cousas e vai meténdoas dunha nunha nunha maleta que non é unha maleta calquera…é unha maleta máxica, todo o que aquí se mete, convértese nun truco de maxia…

Dirixida a: Nen@s a partir dos 3 anos

10 de febreiro | 18 horas

Capuchinho Vermelho XXX de Teatro de Marionetas do Porto

capuchinho vermello portoCarrapuchiño Vermehlo XXX mostrará ao público a súa particular visión sobre o clásico conto, pero dende unha óptica particular, Joâo Paulo Cardoso. Cardoso, xa falecido, foi o fundador deste grupo de teatro, onde agora os seus actores tratan de recuperar as orixes da tradición no país veciño.

Dirixida a: Público adulto

11 de febreiro | 22 horas

Teatro Dom Roberto de Teatro de Marionetas do Porto

teatro dom robertoO texto xa foi representado hai máis de tres séculos por festas e rúa e está inspirado na tradición europea, de onde parte a súa orixe e nas pezas populares de teatro de cordel.

Dirixida a: Público infantil e familiar

12 de febreiro | 18 horas

 

Entradas: 2,5€ para os espectáculos familiares e 4€ para os espectáculos para adultos

Museo Municipal Ramón Mª Aller en Lalín Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.