Teatro infantil no Carballiño

Teatro infantil no Carballiño

Merlín de Os Quinquilláns 

merlin_osquinquillansMerlín da compañía Os Quinquilláns achegarános á fantástica literatura artúrica que encheu a imaxinación das xentes desde hai mil anos con personaxes tan coñecidos como Lanzarote, Galván, a raíña Xenebra, e por suposto Merlín, Morgana e o Rei Artur… En Merlín combínase a interpretación con cancións, batallas, pequenas maxias…

Dirixido a: nen@s de 5 a 15 anos

Duración: 55 minutos

27 de abril | 18 horas

 

Bon Appetit de Teatro dos Ghazafelhos

bon appetitAntua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega. Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para rir, na que o sinxelo pode ser moi difícil e o divertido moi perigoso, con explosións, tortazos, persecucións… como ingredientes para unha comedia en clave de clown.

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

Duración: 60 minutos

25 de maio | 18 horas

 

Camino de historias de Migallas Teatro

camiño de historiasCamiño de historias é un espectáculo constituído por varias historias de tradición oral procedentes de diversos continentes e enlazadas mediante cancións e ditos populares. Cada relato é tratado dunha maneira diferente combinando a narración con técnicas de expresión plástica e dramática. A música e a tradición oral integran o espectáculo co fin de difundir a literatura popular infantil de Galicia.

Dirixido a: público infantil e familiar

Duración: 60 minutos

8 de xuño | 18 horas

 

Auditorio Municipal do Carballiño Como chegar

 

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorTeatro infantil na Estrada
Artículo siguienteElefante Elegante

Escribe un comentario