Teatro infantil en Ourense en maio

Teatro infantil en Ourense en maio

O Aviador de Elefante Elegante

O Aviador O Aviador é un contacontos onde a narración oral é acompañada pola manipulación de obxectos, as sombras chinesas, a marioneta de luva, a música, a xestualidade e a plasticidade do dispositivo escénico creando un universo cómico, interactivo e poético.

Dirixida a: nenos a partir de 3 anos

Duración: 

5 de maio | 12 horas

Entradas: á venda en Servinova.

Osiño de Trompicallo

osino-trompicalloA vida nun anaquiño de fraga transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao avó de Osiño, e xa polo verán, Osiño levarános a dar un longo e fantástico paseo nocturno. E xa no outono, celebrará cos seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos, o seu aniversario.

Dirixida a: nenos maiores de 3 anos

Duración: 55 minutos

19 de maio | 12 horas

Entradas: á venda en Servinova.

La muñeca pelona de Engruna Teatre

la muñeca pelonaNun carro cheo de cachivaches vive a boneca pelona. A boneca séntese distinta dos demais porque non ten pelo e iso impulsaraa a iniciar unha viaxe en busca de cabelo. Encontrarase personaxes como Garbancito, o Caracol Col Col, o Xigante Azul, o Sol Solecito ou a Lúa Lunera, que lle mostrarán as súas particularidades, aquilo que os fai especiais. Un canto á tolerancia e á aceptación das diferenzas entre os individuos. Trátase dun  espectáculo familiar onde se interrelacionan títeres, música e teatro.

Dirixido a: nenos maiores de 3 anos

Duración: 60 minutos

26 de maio | 12 horas

Entradas: á venda en Servinova.

 

AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE Como chegar

Prezo: 3€

Para máis información podedes chamar ao teléfono 988 391 290.

Escribe un comentario