Teatro infantil en Ourense en abril

Teatro infantil en Ourense en abril 

Bon Appetit de Teatro dos Ghazafelhos

bon appetitAntua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega. Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para rir, na que o sinxelo pode ser moi difícil e o divertido moi perigoso, con explosións, tortazos, persecucións… como ingredientes para unha comedia en clave de clown.

Dirixido a: Nen@s a partir de 3 anos

7 de abril | 12 horas

Duración: 60 minutos

Prezo: 3€

Entradas: Á venda en Servinova.

 

Il Cirque D’Amore de Butterfly Ensemble

cirque d'amoreA compañía Butterfly Ensemble preséntanos unha obra de teatro e un recital de ópera ao tempo. A través dunha divertida historia para nen@s e adultos, dous cantantes e un pianista repasan un repertorio operístico ben popular. Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; nel limpa a pista, da de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público ria dela… Con axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Figaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. Pero… conseguirá Micaela ser feliz?

Dirixido a: Nen@s a partir de 4 anos

Duración: 45 minutos

21 de abril | 12 horas

Prezo: 3€

Entradas: Á venda en Servinova.

El mago de Oz El Musical

mago de oz musicalO musical El Mago de Oz é unha historia entrañable que contén todas as claves do clásico de L. Frank Baum, os seus símbolos e os seus valores, actualizado aos nosos tempos. O espectáculo, que mestura o teatro moderno co familiar, atende as necesidades de diversión dos nenos e tamén do público adulto para que todos gocen dunha experiencia compartida.

Dirixido a: Público infantil e familiar

Duración: 35 minutos

28 de abril | 17 horas

Entradas: Á venda en Servinova.

AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 988 391 290.

Escribe un comentario