Teatro infantil en Ourense

O teatro e os espectáculos infantís volven este mes de maio ao Auditorio Municipal de Ourense.

 

O PODER DE AMABEL

Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.

  • Dirixido a: nenos maiores de 4 anos
  • 1 de maio | 12 horas

 

MÚSICAS PARA A PAZ con MAMÁ CABRA

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle pruídos por todo o corpo desde o cocote ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola…! Menos mal que ten unha curmá fada, pois xa se sabe que na familia… haiche de todo! Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 8 de maio | 12 horas

 

CÓDIGO POSTAL OO

Benvidos á oficina de Código Postal 00, unha oficina moi especial onde chegan cartas e paquetes desde todos os recunchos do mundo. Se algo che asusta, ou te enche o corazón ou busca unha orella para que llo contes… solo tes que escribilo nunha carta e as carteiras de Código Postal 00 farán que chegue a bo porto! Nesta oficina descubrirás infinidade de historias: de amor, de viaxes, de secredos… Unha experiencia máxica e única no mundo da comunicación.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • 15 de maio | 12 horas

 

OS RELOXOS PREGUICEIROS

Na cidade da Néboa vívese un acontecemento extraordinario: todos os reloxos deixan de contar o tempo!. Os pesadelos e a angustia apodéranse dos cidadáns provocando un ambiente de confusión e descontrol. A alcaldesa Sabela Depresa, desesperada ante a incapacidade do superreloxeiro Don Cuco da Campá para solucionar a problemática, decide chamar á detective Lupita Grande para que investigue o maior caso da historia, contemporánea da cidade. Un universo de personaxes misteriosos, segredos e enigmas ábrese a cada paso, conducíndonos a escenarios singulares e insólitos.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 22 de maio | 12 horas

 

OS SOÑOS NA GAIOLA de TrinkeTrinke Teatro

É unha obra de homenaxe ao poeta Manuel María e nela danse a coñecer parte dos poemas do seu libro “Os soños na Gaiola”. A obra preséntalles aos nenos os poemas ao través da música e do xogo. Nun piso da cidade durme nun sillón, un velliño que ata hai pouco vivía na aldea. Para que non estivese só, a súa filla tróuxoo a vivir con ela. Un día recibe a visita da súa neta xa moza. Os dous van lembrar a pasada vida na aldea.

  • Dirixido a: nenos a partir de 4 anos
  • 29 de maio | 12 horas

 


 

 

AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE Como chegar

Escribe un comentario