Teatro en Ourense III

Teatro en Ourense

O neno de area de Katarsis, Educación e Teatro

o neno de areaUn espectáculo non verbal para toda a familia. Unha tenra historia de amor entre un homiño de area que cobra vida grazas á fantasía dun home, e unha encantadora sireíña, outra personaxe de fantasía, produto da ilusión daquel homiño.

Dirixida a: Nen@s a partir de 3 anos

Duración: 45 minutos

2 de decembro | 12 horas

Entradas: Dende dúas horas antes na taquilla do Auditorio ou en Servinova.

Los animales de Don Baltasar de Teloncillo Teatro

teloncillo_animalesUn espectáculo sen palabras onde as imaxes e a música son as protagonistas. Adentrarédesvos nas temáticas que atraen aos nenos, no mundo dos animais, os medios de transporte, as cores, as letras… nun marco cheo de humor e xogo.

Dirixida a: Nen@s de 3 a 7 anos

Duración: 50 minutos

9 de decembro | 12 horas

Entradas: Dende dúas horas antes na taquilla do Auditorio ou en Servinova.

Cantaloucos de Tanxarina Títeres

cantaloucos tanxarinaUn espectáculo tolo, tres tolos titiriteiros presentan unha tolería de representación para escenificar dous contos escollidos da literatura máis universal e contemporánea…. Dúas historias relatadas con animacións diversas, nun divertido e permanente xogo escenográfico chao de gags imaxinativos e situacións cómicas.

Dirixida a: Público infantil

Duración: 50 minutos

16 de decembro | 12 horas

Entradas: Dende dúas horas antes na taquilla do Auditorio ou en Servinova.

A folla máis alta de Berrobambán

afollamaisaltaEstamos ante unha aposta polo xogo, un xogo que transforma as palabras en pequenas historias nas que contamos que fomos nenos antes de ser adultos, e que tiñamos grandes soños, grandes amigos, unhas ganas enormes de medrar para comernos o mundo e para morder a folla máis alta da árbore…. Espectáculo diferente, capaz de sorprender, divertir e emocionar tanto a maiores como a pequenos.

Dirixida a: Público infantil

Duración: 50 minutos

23 de decembro | 12 horas

Entradas: Dende dúas horas antes na taquilla do Auditorio ou en Servinova.

Circo Chosco

circo-choscoEspectáculo cómico con incríbles acrobacias aéreas, acrobacias de chan, lume malabar, risco e interacción co público.

Dirixida a: Público familiar

Duración: 55 minutos

29 de decembro | 19.30 horas

Entradas: Dende dúas horas antes na taquilla do Auditorio ou en Servinova.

Nuncabunga de Elefante Elegante

nuncabungaA acción desenvólvese nun espazo a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construíu o seu fogar. Os seus habitos e rutinas son as súas únicas compañeiras. Un día aparece un estraño entalado nunhas redes, no medio dos residuos que o mar bota fóra. Esta aparición vén perturbar a aparente calma do lugar. Será eles capaces de vivir no mesmo espazo?

Dirixida a: Público infantil

Duración: 50 minutos

30 de decembro | 12 horas

Entradas: Dende dúas horas antes na taquilla do Auditorio ou en Servinova.

AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE Como chegar

Prezo: 3€

Para máis información podedes chamar ao teléfono 988 391 290.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.