Teatro en Ourense

O Auditorio Municipal de Ourense volve a encherse de teatro e de espectáculos infantís!

A FUGA

O escenario é unha gaiola de hámster. Á dereita, en primeiro termo, hai un montón de coxíns, edredóns e sabas brancas. No fondo, unha roda xiratoria, un comedeiro, un bebedoiro. Esta gaiola é a casa de Monty o hamster que vive feliz xa que non recoñece outra vida. Todo xira cando aparece na gaiola Pina unha esquío silvestre ferida e rescatada polos humanos. Desde este momento Pina insiste en convencer a Monty para marchar xuntos ao bosque, mentres que Monty quere que a súa única amiga quede a vivir para sempre con el na gaiola …

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 6 de decembro | 12 horas 
  • Entrada: 3€ (a la venta en www.ataquilla.com y en la taquilla del Auditorio dos horas antes de la función)

 

CIRCO DE NADAL

O Circo de Nadal é un novidoso espectáculo destinado aos máis pequenos da familia. O Circo de Nadal de La Fiesta Escénica é o único no mundo polo seu concepto, personaxes animatrónicos e por unha estética moi ben coidada. Un espectáculo para disfrutar xuntos dos grandes momentos destes 20 anos, reunindo os nosos mellores artistas para esta celebración.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 7 e 8 de decembro | 17 y 19.30 horas
  • Entrada: 12€. Á venda en ATaquilla.

 

AS FILLAS DE MANAWEE

Que é iso que sentimos e que ás veces nos desborda, que mesmo se apodera de nós de xeito que non nos deixa pensar con claridade? Cando nos preguntaban de pequenas “pero que che pasa”?. Ás veces non sabiamos que contestar. Descubrimos que ao saber o seu nome e como se manifestaban en nós, podemos manexalas moito mellor e mesmo facernos máis empáticos coas emocións dos demais. Un espectáculo que pretende ser unha guía para desenvolver a intelixencia emocional desde a infancia, e que ademais tamén vai dirixida aos adultos acompañantes, de xeito que o espectáculo poida ser unha ferramenta útil para establecer esta comunicación cos máis cativos da casa.

  • Dirixido a: nenos maiores de 5 anos
  • 13 de decembro | 12 e 17.30 horas 
  • Entrada: 3€ (a la venta en www.ataquilla.com y en la taquilla del Auditorio dos horas antes de la función)

 

O APALPADOR CONTA CON VÓS

O Apalpador é unha personaxe mítica da tradición galega que estivo a piques de desaparecer pero do que aínda quedan testemuñas na zona do Caures e os Ancares. Neste espectáculo recibimos a súa visita para no conte quen é, cal é a súa orixe, a que se adica no seu día a día … e o que é máis importante que consellos temos que seguir para que cando nos visite deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo constrúe. Unha personaxe entrañable que nos fará pasar unha hora chea de maxia.

  • Dirixido a: nenos maiores de 4 anos
  • 20 de decembro  | 12 horas 
  • Entrada: 3€ (á venta en www.ataquilla.com y en la taquilla del Auditorio dos horas antes de la función)

 

ESCONDITE

Nárrase a aventura dos pais de Claudia, que inician a súa procura cando sae voando agarrada a un globo. Durante esta aventura, os seus pais percorren todos os lugares cara a onde Claudia escapa coa súa imaxinación cando o mundo dos adultos fáiselle demasiado incomprensible. Lagos encantados, países de xoguetes, bosques tenebrosos ou a sorprendente eira dos globos son algunhas destas paisaxes que ela inventa e que os seus pais coñecerán grazas á súa fuga.

  • Dirixido a: nenos maiores de 5 anos
  • 27 de decembro | 12 horas 
  • Entrada: 4€ (á venta en www.ataquilla.com y en la taquilla del Auditorio dos horas antes de la función)

 

 

 

Auditorio Municipal de Ourense Como chegar

Escribe un comentario