Teatro en Ourense I

Teatro en Ourense en outubro

Polichinela Titor de Pierrot de Danthea Teatro

polichinelaA rebeldía de Pierrot e o desinterese polos libros e a escola, leva ao seu pai Palomeque a tomar unha decisión desafortunada: contratar como profesor ao amigo Polichenela, que lle sirve a calquera cousa para sacar proveito dela. O final levaranos a situacións pouco recomendables.

Dirixido a: nen@s a partir de 6 anos
Duración: 50 minutos
14 de outubro | 12 horas
Prezo: 3,80€
Entradas: En Servinova ou no teléfono 902 504 500 e o mesmo día dende dúas horas antes no despacho de billetes do Auditorio.

 

Na procura da canción perdida de Produccións Dispersas

na procura da cancion perdidaO protagonista da historia ten un grave problema. Perdeu unha das cousas importantes para a súa vida: a súa canción de ir durmir. Comeza asi unha viaxe tola e surrealista polo mundo enteiro, coa axuda dunha chea de aparatos tolos e a colaboración dos nen@s do público que se converterán en actores e actrices do espectáculo.

Dirixido a: nen@s de 6 a 12 anos
Duración: 50 minutos
21 de outubro | 12 horas
Prezo: 3,80€
Entradas: En Servinova ou no teléfono 902 504 500 e o mesmo día dende dúas horas antes no despacho de billetes do Auditorio.

 

Momentos de Asombro de Martín Camiña

martin_caminaMomentos de Asombro é un espectáculo de ilusionismo que camiña na cartomaxia, o mentalismo, o humor, o escapismo…. e a participación dos espectadores.

Dirixido a: público familiar
Duración: 70 minutos
28 de outubro | 12 horas
Prezo: 3,80€
Entradas: En Servinova ou no teléfono 902 504 500 e o mesmo día dende dúas horas antes no despacho de billetes do Auditorio.

 

AUDITORIO MUNICIPAL de Ourense Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 988 391 290.

 

Escribe un comentario