Semana Santa na Aula da Natureza de Ourense

Actividades de Semana Santa en Ourense

A Aula da Natureza de Ourense organiza para esta Semana Santa actividades para que os nenos coñezan a importancia da conservación do medio ambiente. As actividades consisten en coñecer a flora e fauna propia da provincia ourensá, traballos de reciclaxe, así como o coñecemento da importancia da pesca, da astronomía, da orientación, do cambio climático, da xardinería, etc…

aula da natureza ourenseAprenderán o valor da reciclaxe, os xogos populares relacionados co medio ambiente, coñecerán a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento e tamén concienciaránse sobre o cambio climático.

Dirixido a: nenos e nenas de Educación Primaria

25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril | de 10 a 13 e de 16 a 19 horas

Prezo: 10€

Inscrición: A inscrición está aberta dende o 11 ao 25 de marzo

AULA DA NATUREZA RÍO MIÑO Como chegar

Para máis información podedes chamar aos teléfonos 988 510 781 ou 988 388 136 ou escribir un mail a aulanatureza@ourense.es.

 

 

Escribe un comentario