Rastrexando a Perseo no PACC

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa volve a organizar unha actividade na que poderedes coñecer o castro de Las dun xeito diferente e vivir a experiencia de desfrutar unha noite das estrelas. A actividade é o vindeiro sábado 22 de agosto. Poderedes seguir o rastro das últimas Perseidas do ano pero tamén contemplar fermosas constelacións, observar planetas e descubrir estrelas.

Gozaredes dunha visita libre ao centro, unha visita guiada nocturna, cea (opcional) e, a actividade de observación astronómica a cargo da Asociación Astronómica de Ourense.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 22 de agosto | dende as 20.30 horas
  • As prazas son limitadas e é necesario facer reserva previa no mail reservas@pacc.es ou no teléfono 988 267 285.
  • Prezo: 8€ adultos (23€ con cea) | 4€ nenos de 7 a 14 anos (10,5€ con cea) | gratuito menores de 6 anos (6,5€ con cea)
  • Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrao de Las (Ourense) Como chegar

Escribe un comentario