Obradoiros para nenos en Ourense

En Ourense os nenos poderán achegarse á historia e á arqueoloxía dun xeito creativo e divertido. Son propostas para achegar aos máis pequenos o coñecemento da historia e as diferentes técnicas coas que contan os investigadores. Actividades que teñen como fin último xerar un vínculo especial entre os nenos e o patrimonio galego, de tal xeito que colaborarán coa súa valoración no presente e conservación no futuro.  Os obradoiros serán impartidos por Begoña Garrido, Historiadora especialista en Didáctica do Patrimonio.

Unha viaxe no tempo | do 1 ao 5 de xullo | nenos de 6 a 8 anos

Arqueoloxía | do 15 ao 19 de xullo | nenos de 9 a 11 anos

Arqueoloxía | do 5 ao 9 de agosto | nenos de 12 a 14 anos

As ninfas das Burgas | do 19 ao 23 de agosto | nenos de 9 a 14 anos

Horario: de 10 a 13.30 horas

Prezo: 28€ cada neno, con desconto para desempregados ou irmáns

Inscrición: podedes facer a inscrición a través do teléfono  650 057 011 ou no mail begogal@xeitura.com.

Praza da Estrela en Ourense Como chegar

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.