Nuevo musical de Mamá Cabra

Paxaro amigo. Músicas para a paz é o novo musical de Mamá Cabra. Inspirado no libro A bruxa Discordia, o novo espectáculo de Mamá Cabra une música e teatro para contarnos que un mundo mellor e máis xusto é posible. Discordia é a bruxa protagonista. É feliz destruíndo a paz, así que goza facendo que todos os animais e os humanos se leven mal. E come olivas como unha tola… Menos mal que ten unha curmá fada… Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre…

GLORIA MOSQUERA: “Páxaro Amigo transmite a mensaxe mais importante do mundo, que é que nas nosas mans está facer os soños realidade… porque con ilusión, con felicidade podemos con todo” 

 

abruxadiscordia

 

GLORIA MOSQUERA: “A música é fundamental para os nenos, para os adultos e para todos… é a linguaxe universal por excelencia… é a linguaxe do corazón, da vida, e das nosas mamás…. con ela aprendemos, viaxamos, compartimos, entendemos, …, e en suma nos expresamos… que é a base de toda comunicación!!!! a música fainos ser mellores persoas…

 A música é o mellor remedio para todos os males: a tristura, as rabietas, para os rosmóns… e para as guerras!!!!  A música vainos traendo mensaxes para a PAZ. Isto é o que imos ir descubrindo ao longo do espectáculo… que a Paz hai que exercitala todos os días… non anda polo mundo, nin polas árbores, nin lonxe moi lonxe…. a paz está nas nosas mans… nos nosos corazóns…”

O musical está protagonizado por Gloria Mosquera, Tomi López, Harry Prince, Diego Maceiras e Luis Iglesias e está baseado no libro A bruxa Discordia no que Mamá Cabra musica doce poemas de Carmen Gil, ilustrados por Iria Fafián. A importancia de compartir, de respectar, de convivir en harmonía… son as mensaxes que poderedes descubrir neste espectáculo no que a música é a protagonista.

GloriaMosquera

GLORIA MOSQUERA: “Os nenos observan, toman nota, recordan o que lles gustou ou non… e merecen ser tratados co respeto debido… metendo nos seus saquiños de experiencias aquelas que sexan significativas e de calidade… habendo como hai tantos espectáculos para nenos e nenas, é bo que teñan propostas de divertirse, de rir, de bailar, de reflexionar, de poñerse no lugar de outros, de saber escoitar…”

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 8 de maio | 12 horas
  • Auditorio Municipal de Ourense Como chegar
  • Entradas: 3€. Pódense adquirir na propia billeteira do Auditorio, no teléfono de Ataquilla (902 504 500) e na Sede de Afundación, na Praza Maior, 4 (de luns a venres de 9 a 14 e de 17.30 a 20.30 horas).

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.