Nadal en Manzaneda

Nadal en Manzaneda

apalpadorO Espazo de lecer de Manzaneda acolle o día 24 de decembro a visita do Pandigueiro, unha figura mítica do Nadal desta comarca. O encontro cos nen@s será ás 18 horas. Pandigueiro ou Apalpador é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal, sobre todo nas comarcas de Sarria, Courel e O Cebreiro, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 31 de decembro para visitar os nen@s, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.

Cinema

Brave (Indomable) | 28 de decembro | 18.30 horas | Concello

Ice Age 4 | 4 de xaneiro | 18.30 horas | Concello

Os xogos tradicionais volven á rúa

Xogar no Nadal. Xogos populares é unha actividade dedicada aos xogos tradicionais galegos, especialmente da comarca trivesa. Os organizadores pretenden que os maiores recorden as súas falcatruadas de nenos, e os máis pequenos descubran como se xogaba á rá, á billarda, ao truco ou á chave, entre outros.

29 de decembro | 17 horas

Concello de Manzaneda Como chegar

Escribe un comentario