Música y teatro en Ourense

Continúa a programación teatral en Ourense con espectáculos para disfrutar en familia, este é o programa para este mes de decembro:

 

QUEBRANOCES PARA BEBÉS. Conto musical con Musicreques

O Nadal chegou a casa de Clara e o seu irmán con moitos agasallos, entre eles un fermoso boneco Quebranoces. Maxicamente esa noite o boneco se transforma nun soldadiño valente que defende a Clara do malvado rei Rato e os seus pinches. Impresionada pola valentía de Quebranoces, a Fada de azucre decide premiar os protagonistas levándoos de viaxe polo mundo.

  • Dirixido a: bebés de 0 a 3 anos
  • Duración: 25 minutos
  • 2 de decembro | 18 horas
  • Entrada: 3€

 

AVENTURA CANINCA: Salvar el parque de mascotas 

Nun lugar chamado AventuraLand todos os seus habitantes viven moi intensamente o día a día con amizade, respecto e, sobre todo, con moita colaboración entre todos os veciños. Unha cuadrilla de amigos, na que LittleBoy, cos seus amigos especiais, uns cachorros de cans, lidera as operacións máis inesperadas que se producen para salvagardar o bo vivir entre toda a comunidade. Pero, poderá LittleBoy e os seus amigos realizar a operación de axuda máis importante que se lles presentou xamais?Algo sucedeu en AventuraLand e todos deben participar dunha forma moi especial para levar a cabo a operación ACCIÓN!! Alguén malvado chegou á cidade para facer cousas que non son boas para os veciños.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 90 minutos
  • 3 de decembro | 19 horas
  • Entrada: 10€

 

ANIMUNDIS

Divertido musical de swing, funky e rock, que narra a historia de Bim O Pingüín frioleiro e Kiwi o paxaro que non pode voar. A risa está asegurada nunha educativa obra que mostra as carencias dunha sociedade intolerante a través das tecnoloxías multimedia e a música infantil menos convencional.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • Duración: 55 minutos
  • 4 de decembbro | 12 horas
  • Entrada: 3€

festivalclan2¡VEN A MI CUMPLE!. FESTIVAL CLAN

Os Lunnis prepararon unha festa interminable coa que imos festexar unha década de fantasía e diversión inesquecible. E nesta festa estarán nada máis e nada menos que Pocoyó, Caillou, Abella Maya e Willy, Heidi, Lucho, Lupita e tamén Zak. Pandora Producciones, en colaboración con Lemon Live Entertainment, produce un gran festival musical destinado aos máis pequenos da casa.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 90 minutos con descanso de 10 minutos
  • 10 de decembro | 17 e 19.30 horas
  • Entrada: 15€

 

MARÍA FUMAÇA

Os artistas convídannos a viaxar canda eles no tren máis festeiro que nunca houbo nen haberá. Nos seus vagóns, o ambiente é sempre de festa porque imos de viaxe entre amigos. O noso corazón bate nos vagóns a ritmo de muiñeira, rumba, samba, rock e forró.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 18 de decembro | 12 horas
  • Entrada: 3€

mobydick_gorakadaMOBY DICK de Gorakada Teatro

Resultaría absurdo e mesmo ridículamente pretencioso tratar de trasladar a totalidade desta novela ao escenario, con todo nada nos impide propoñer un xogo no que a imaxinación é o noso aliado para recrear ante os ollos dos nosos mozos espectadores, mares, cachalotes, personaxes e aventuras presentes na obra e todo iso materializarase na mente do espectador grazas á utilización dos elementos escénicos, o ritmo, o humor, a música, o traballo dos actores e, sobre todo, as palabras de Melville.

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 26 de decembro | 17 horas
  • Entrada: 8€

 

SIRENITA de LA CANICA

Máis alá do horizonte, na alta mar, a auga é dun azul tan intenso como os pétalos máis azuis dun fermoso aciano e clara como o cristal máis puro; pero é tan profunda que ningunha áncora chegaría xamás a tocar fondo. Dúas actrices escenifican cunhas botellas de auga, baldes, esponxas e outros obxectos unha adaptación do conto de Hans Christian Andersen.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 45 minutos
  • 26 de decembro | 19 horas
  • Entrada: 4€

antoncomodonANTÓN COMODÓN de ESTAQUIROT TEATRE

Esta é a historia de Antón, a quen de neno na súa casa facíanlle todo. Cando medrou tiña un axudante, Nicolás, que lle facía todo. Un día Nicolás marchou a vivir as illas verdes… Antón non sabía vivir sen a súa axuda: nin vestirse, nin atar os zapatos, nin comer a sopa..Así pois decidiu ir na busca de Nicolás e na súa viaxe aprendeu moitas cousas…

  • Dirixido a: nenos maiores de 4 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 29 de decembro | 19 horas
  • Entrada: 4€

 

 


Entradas: www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Auditorio Municipal de Ourense Como chegar

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorTeatro en Vigo
Artículo siguienteCulturgal 2016

Escribe un comentario